Futurology é o décimo segundo álbum da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, publicado o 7 de xullo de 2014 a través do selo Columbia Records. O disco conta coas colaboracións de Green Gartside, Nina Hoss, Georgia Ruth, Cian Ciaran e Cate Le Bon.

Cando foi editado o álbum tivo moi boas recensións. Entre os críticos é un dos traballos de Manic Street Preachers mellor recibidos, e comercialmente é o disco da banda que máis alto chegou nas listas dende Send Away The Tigers, estreándose no número 2 da lista británica. de álbums.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Manic Street Preachers Categoría:Álbums musicais de 2014 Categoría:Álbums de Columbia Records