A Torre de La Rosaleda é un rañaceos da cidade de Ponferrada. Con 119 metros de altura é o edificio máis alto de Castela e León. Atópase no barrio de La Rosaleda desa mesma cidade, preto do Estadio El Toralín. A torre coroa un bulevar que ten 80 m de ancho e 700 m de longo con edificios de 12 alturas a ambos os dous lados.
Deseñado polo arquitecto Juan Francisco Álvarez Quiros, foi construído entre 2006 e 2009 polo grupo leonés Grupo Begar e consta de 30 andares. Ata entón o edificio máis alto da comunidade autónoma era o Edificio Duque de Lerma de Valladolid, de 88 metros de altura.
En 2008 o rañaceos recibiu nos European Property Awards, o premio ao edificio mellor desenvolvido (best developed).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:Ponferrada Rosaleda Categoría:Arquitectura en Castela e León