miniatura|280px|Caixa con diferentes bombóns de chocolate miniatura|280px|Bandexa de bombóns. Un bombónNome galego en Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012 (do francés: bonbon - de bon bo) é un doce pequeno de chocolate que pode estar ou non cheo de licor, crema ou outros ingredientes. Ás veces é tratado coma un fondant ou glasa cun recheo de crema.Louis Grivetti,Howard-Yana Shapiro, (2009), «Chocolate: History, Culture, and Heritage», Willey, ISBN 978-0-470-12165-8 A produción deste tipo de chocolate é moi importante nalgúns países europeos como Bélxica. A comercialización deste tipo de doces especializouse e pode atoparse a súa distribución nas bombonarías e confeitarías.
Ingredientes Malia posuíren ingredientes en común, os bombóns presentam variacións na súa formulación, coma ção, como consecuencia do desenvolvemento das fórmulas para diferentes produtores.
O chocolate xeralmente utilizado, sexa branco, con leite ou amargo, atópase en barras ou libras que poden estar constituídas tanto por chocolates producidos exclusivamente con manteiga de cacao, como con aceites hidroxenadosIdéias de Novos Negócios - Fábrica de Produtos de Chocolate (Acceso o 10 de outubro de 2014). Ademais, alén do chocolate en si, hai unha gran variedade de recheos, que poden ser cacahuete, améndoa, abelá, castaña de pará, noces, anacardio, leite, licores, froitas secas, caramelo, biscoito, froitas frescas, froitas cristalizadas, manteiga, nata etc.Bombom para dietas especiais: avaliação química e sensorial (Acceso o 10 de outubro de 2014).
Tipos de recheos Os bombóns presentan unha gran variedade de tipos de recheos. Os principais son: "boiling" (ou fervidos, que inclúen o caramelo, ou butterscotch, e o fudge), "fondants", "croquant" (ou crocantes"), "gianduia", "Mazapán", "Pralinê", "Nougat", "Trufas", "Palets" e "Ganache".Coady, C. estilos de chocolate, In: O Guia do choclate, ed. Livros e Livros, 1998, pp. 23-29
Produción e almacenamento A súa produción cumpre, en xeral, as seguintes etapas: derretemento do chocolate en barra, dosaxe, formación, arrefriamento (solidificación), desformación, embalaxe e almacenamentoDesenvolvimento do sistema APPCC na produção de bombom de chocolate ao leite com recheio de licor (Acceso o 10 de outubro de 2014). En relacións aos equipamentos necesarios, hai unha gran variedade destes, como mesturadores, olas e moldes, por exemplo.
A etapa de almacenamento, polas características intrínsecas do produto, debe protexerse da calor, a luz e a humidade e en lugares sen a presenza de substancias ou produtos afastados da luz ou de produtos que boten cheiro forte, pois o chocolate ten a característica de absober o cheiro externo.O armazenamento e a validade de trufas e bombons (Acceso o 10 de outubro de 2014)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Trufa de chocolate
Categoría:Chocolate Categoría:Lambetadas