O chimpancé común (Pan troglodytes) é unha das dúas especies do xénero Pan. Habita os bosques tropicais e as sabanas da África central e occidental. Os adultos, no seu estado natural, teñen un peso medio de 43 kg para os machos e 33 kg para as femias. a súa altura media é respectivamente de 160 cm e 130 cm. Corren perigo de extinción pola degradación e destrución do seu hábitat natural. Estimábase no ano 2003 que o seu número oscilaba entre os 170.000 e os 300.000 individuos.

Subespecies Pan troglodytes troglodytes, no Camerún, a República Centroafricana, a Guinea Ecuatorial, Gabón e a República Democrática do Congo. Pan troglodytes verus, en Guinea, Malí, Serra Leoa, Liberia, Costa do Marfil, Ghana e Nixeria. Pan troglodytes vellerosus, en Nixeria e o Camerún. Pan troglodytes schweinfurthii, na República Centroafricana, o Sudán, a República Democrática do Congo, Uganda, Ruanda, Burundi, Tanzania e Zambia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Jane Goodall

Ligazóns externas Lista Vermella da IUCN

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1776 Categoría:Fauna de África