miniatura|Íntegro en PDF, Ensayos poéticos en dialecto berciano.
Dialecto berciano é o nome xenérico das variedades dialectais tradicionalmente faladas na bisbarra do Bierzo. Estas variedades forman parte do continuo dialectal romance do Noroeste da Península Ibérica, e teñen puntos en común co asturleonés, o galego e en menor medida, outras variedades romances. Existen ou existían variedades locais coa súa propia identidade, como por exemplo, a fala de Bembibre (buecés), a de Toreno (toreniense) ou o fornelo do Val de Fornela, todas elas de base asturleonesa; o ancarés, o charro de Vilafranca, a fala do Val de Finolledo, a fala do Val de Valcarce e a fala da Merindade de Aguiar, todas elas de base galega.
Referencias escritas A primeira referencia escrita sobre o dialecto berciano vén de man do cóengo Bernardo de Aldrete (século XVII), autor de Origen y Principio de la Lengua Castellana, que se decatou da realidade lingüística do Bierzo mentres realizaba o Camiño de Santiago, e fixo a seguinte observación: "os máis políticos falan ben o castelán, pero os non tanto e as mulleres o leonés que tira ao galego; verdade é que a veciñanza e os moitos que pasan de Galicia son a causa disto".
A mediados do século XIX publícase o traballo de Isidoro Andrés de Llano, Recuerdo a Puentedeume en dialecto berciano (1860, na Revista Esla). En 1861 Antonio Fernández y Morales escribe a instancias de Mariano Cubí, coautor, en dialecto berciano: " Ensaios poéticos en dialecto berciano " considerado polo autor como forma dialectal berciana do idioma galego. ("Entre o galego i o seu dialecto berciano", "O Berciano é un sub-dialecto galego", "se ben o berciano é un subdialecto galego"...).
Recolléronse expresións e vocabulario propio en diversos traballos sendo os máis interesantes os realizados por Luís A. Pastrana e David López, a principios da década de 1970, consistentes en nocións da descrición da morfoloxía e a sintaxe do dialecto, e un interesante dicionario de expresións e palabras; tamén cómpre mencionar a tese doutoral de Manuel Gutiérrez Tuñón, "El Habla de El Bierzo", publicada en 1975.
Dificultade de clasificación miniatura|Situación lingüística nas provincias de León e Zamora
Considerouse sempre o Bierzo como unha ponte entre o galego orientalLéxico e literatura de tradición oral no ámbito de Las Médulas. 2011. Fernando Bello Garnelo e o leonés, pero con caracteres propios moi diferenciados<ref name="ReferenceA">Pueblos e ríos bercianos: significado e historia dos seus nomes''' (1994), Jesús García e García, ISBN 84-604-8787-3</ref> que levaron a definir esa fala do bierzo como dialecto berciano no século XIX, sendo encadrada dentro do dominio lingüístico galego por Antonio Fernández y Morales en 1861 e dentro do dominio lingüístico leonés por Ramón Menéndez Pidal, manifestando este que a liña divisoria entre o leonés e o galego se situaría entre as concas dos ríos Cúa e Sil. En 1934, Verardo García Rey, recolle o vocabulario do dialecto berciano na publicación Vocabulario del Bierzo, onde o autor explica que tras o seu traballo de campo, resituaría a franxa divisoria entre as falas asturleonesas e as galaico-portuguesas axustándoa estritamente ao trazado debuxado polo curso do río Sil. Jesús García e García, en 1994, sitúa a devandita franxa dende o Alto Cúa ata parte do concello de Ponferrada (Devesas, Fontesnovas).
Trazado da fronteira lingüística entre o leonés e o galego Leonés Leonés de transiciónTransición Galego de transición Galego Zona I Zona II Localidades Ancares / Fornela Chano Guímara Lumeiras O Bierzo Sancedo Lillo del Bierzo Fontoira San Miguel de Arganza Magaz de Arriba A Cabreira Benuza Castroquilame Ponte de Domingos Flórez Seabra San Ciprián Rihonor Pías Isoglosas -LL- ll l l -L- l l ø -NN- ñ n n -N- ñ n ø Ĕ, Æ, Ŏ diptongación adiptongación S + yod queisu queišo Presentes VĔNIO vengo veño
Notas
Véxase tamén Bibliografía Pueblos y ríos bercianos: significado e historia de sus nombres (1994), Jesús García y García, ISBN 84-604-8787-3. Antonio Fernández Morales (1861). Ensayos poéticos en dialecto berciano L'Asturianu n'El Bierzu. Apropósitu del ALBI, de Ana Mª Cano en Lletres Asturianes, Boletín Oficial de la ALLA. La Fala de Palacios de Sil, de Roberto González-Quevedo; Academia de la Llingua Asturiana. Aspeutos fónicos na fala de Forniella"]; Héctor García Xil en Lletres Asturianes, Alla. [http://books.google.es/books?id=Qg3mmUbZa3YC&printsec=frontcover&source=gbs_slider_thumb#v=onepage&q&f=false Cruce de dialectos en el habla de San Pedro de Olleros", Alfredo Álvarez Díaz en Lletres Asturianes. El gallego-leonés de Ancares y su interés para la dialectología portuguesa''. Dámaso Alonso y García Yebra. "Recuerdo a Puentedeume en dialecto berciano", Isidoro Andrés de Llano.
Ligazóns externas "Determinación da Fronteira entre o Galego e o Leonés nas provincias de León e Zamora", Ana Seco Orosa "Límites históricos entre el Gallego y el Asturiano-Leonés en El Bierzo" , Jesús García García
Categoría:Variantes da lingua galega Categoría:Dialectoloxía Categoría:Lingua leonesa Categoría:Cultura de Castela e León Categoría:O Bierzo