A Salve Regina (en galego: Salve Raíña!) é unha das máis populares e coñecidas oracións católicas a María, nai de Xesús, escrita orixinalmente en latín. Inicialmente era unha antífona maior e himno. É unha das catro antífonas do Breviario dedicadas á Virxe (as outras tres son Alma Redemptoris Mater, Ave Regina Caelorum e Regina Caeli).

Características

Trátase orixinalmente dunha secuencia con rima en "e", aínda que a disposición dos versos pode variar segundo os compiladores. Durante algún tempo foi atribuída a Bernaldo de Claraval; agora sábese que este só engadiu a invocación final: O clemens, o pia / o dulcis, Virgo Maria (que introduce unha parella de versos con rima en "ia"). Segundo a tradición, o bispo galego Pedro de Mezonzo compuxo este himno á Virxe inspirado nunha imaxe de Nosa Señora dos Ollos Grandes, patroa de Lugo, durante a fuxida do pobo compostelán tralo saqueo da sé por Almanzor. Tamén se atribuíu ao bispo de Le Puy-en-Velay, Ademaro de Monteil; ao monxe alemán Hermann de Reichenau; e ata ao bispo lendario de Segovia, Hieroteo.

Os cistercienses, os dominicos e os franciscanos promoveron o seu uso en diversas circunstancias (en especial na liturxia das horas). En 1250 Gregorio IX aprobouna e prescribiu que se cantase ao final do rezo das Completas, tal como se segue facendo hoxe en día. Os monxes cantábana antes de durmir e os monxes da orde de Predicadores cantábana en procesión con candeas acesas.

Diversos autores cristiáns elaboraron comentarios para esta oración; entre eles destaca: Bernaldo de Claraval, Anselmo de Lucca, Pedro Canisio, Francisco Coster e Afonso María de Ligorio.

A gran variedade de representacións da Virxe e a devoción existente en cada lugar onde se venera xerou a creación dunha "Salve" particular segundo a advocación do lugar. Domenico Scarlatti musicou esta oración no século XVII na súa composición para alto e orquestra Salve Regina. A melodía sinxela que se usa habitualmente para cantala parece ser elaborada polo P. F. Bourgoing.

Texto en latín:Salve, Regina, mater misericordiae Vita, dulcedo, et spes nostra, salve.Ad te clamamus, exsules, filii evae. Ad te suspiramus, gementes et flentes in hac lacrimarum valle. Eia ergo, Advocata nostra, illos tuos misericordes oculos ad nos converte. Et Iesum, benedictum fructum ventris tui, nobis post hoc exsilium ostende. O clemens, O pia, O dulcis Virgo Maria. Ora pro nobis sancta Dei Genetrix. Ut digni efficiamur promissionibus Christi. Amen.Texto en galego: Salve, Raíña, nai de misericordia Vida, dozura, e esperanza nosa, salve!A ti chamamos os desterrados fillos de Eva. A ti suspiramos, xemendo e chorando neste val de bágoas. Oh, por iso, Avogada nosa, volve a nós eses teus ollos misericordiosos. E despois deste desterro, amósanos a Xesús, froito bendito do teu seo. Oh clemente, oh pía, oh doce Virxe María. Prega por nós, Santa Nai de Deus, para que sexamos dignos das promesas de Cristo. Amén.

A Salve en galego Non existe unha tradución sancionada pola Igrexa, de xeito que se teñen feito distintas adaptacións particulares. +Versión de Xermán Moure e Manuel FeixooFranciscanos de SantiagoVersión de Antón Fernández LeónSalve, Raíña, Nai garimosaVida, dozura, esperanza nosa.A ti chamámo-los desterradosfillos de Eva.A ti suspiramos, xemendo e chorandoen lonxana terra.Avogada nosa,míranos con ollos de misericordiae despois deste desterro,lévanos a Xesús, froito do teu Seo.Oh, clemente, oh, píaoh, doce Nai María.Salve, Raíña, Nai de misericordia,vida, dozura, e esperanza nosa. Salve!Por ti chamamos os desterrados,fillos de Eva.Por ti salaiamos, sufrindo e chorandoneste val de bágoas.Por isto, Señora e avogada nosavolve cara a nós eses teus ollos misericordiosos.E despois deste desterro,móstranos a Xesús, froito bendito do teu seo.Clementísima, piadosa,doce Virxe María.Roga por nós, Santa Nai de Deus,para que sexamos merecentesdas promesas de Xesucristo, noso Señor. Amén.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Edición crítica: Analysis hymnorum de G. M. Dreves, Lipsia 1907.

Ligazóns externas Enciclopedia Católica Unha oración de saúdo, petición e súplica Para meditar as palabras do Salve Regina

Categoría:María (nai de Xesús) Categoría:Oracións