thumb|300px|O asentamento ou campamento de Grigori Xelihov na illa Kodiak. O masacre de Awa'uq, Sven Haakanson, Jr. (2010), Written Voices Become History. A Being and Becoming Indigenous Archaeologists. George Nicholas (editor). Left Coast press, Inc., 2010.Afognak Village Timeline. masacre de Refuge Rock, ou masacre de Wounded Knee de Alasca John Enders (1992), Archaeologist May Have Found Site Of Alaska Massacre , The Seattle Times, Domingo 16 agosto 1992. foi un masacre perpetrado polo comerciante de peles ruso Grigori Xelihov, axudado por homes armados da Compañía Xelihov-Golikov, contra un grupo de indios alutiiq o 14 de agosto de 1784 durante a era do dominio ruso de Alasca. O ataque produciuse na illa Sitkalidak, preto de Old Harbor en Refuge Rock (Awa'uq, en alutiiq), ao sur da illa Kodiak, no arquipélago Kodiak. Gordon L. Pullar, Ethnographie historique des villages sugpiat de Kodiak à la fin du XIXe siècle. In Giinaquq = Like a Face : Sugpiaq masks of the Kodiak archipelago (editores: Sven Haakanson Jr. and Amy Steffian), 2009. University of Alaska Press.
En 1784, Grigori Xelihov, chegou á baía de Three Saints (preto da actual Old Harbor) na illa Kodiak, con dous barcos.«Alaska History Timeline». Consultado o 31 de agosto de 2005. Os indíxenas koniaga da illa Kodiak (Qik’rtarmiut Sugpiat), unha nación de alutiiq nativos de Alasca, atacaron a expedición de Xelihov, que respondeu matando centos de persoas e facendo reféns para subxugar os outros. (Xelihov dixo que fixera máis de 1000 presos, mantendo 400 como reféns). Este masacre permite dominar as illas do archipélago. Estabelecendo a súa autoridade na illa de Kodiak, Xelihov fundou o segundo asentamento permanente ruso en Alasca (tras Unalaska) na illa, na baía de Three Saints.Aron L. Crowell (2001), Looking Both Ways, Heritage and Identity of the Alutiiq People. Fairbanks: University of Alaska Press, 2001. O primeiro asentamento permanente por parte de Rusia estabeleceuse en 1784, cando Grigori Xelihov fundou unha colonia na illa de Kodiak, na baía de Three Saints.
Segundo outras fontes, os promyshlenniki rusos (os cazadores e comerciantes de peles) mataron 500 homes, mulleres e nenos en Refuge Rock,Korry Keeker, What it means to be Alutiiq / State museum exhibit examines Kodiak-area Native culture , venres 25 de abril de 2003. aínda que algunhas fontes aumentan o número a 2000 vítimas,Ben Fitzhugh (2003), The Evolution of Complex Hunter-Gatherers: archaeological evidence from the North Pacific, Kluwer Academic/Plenum Publishers, Nova York, 2003. e outras até 2 500-3 000 mortes.The Afognak Alutiiq People: Our History and Culture , Alutiiq, xullo 2008.Reuters : Grounded Shell Oil Rig Off Alaska Coast Still Has No Flooding Or Sheening, Despite Damage. Per Yereth Rosen (3 de xaneiro de 2013, Anchorage).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Google Maps. Awa’uq en Partition Cove
Categoría:Masacres en Rusia Categoría:Masacres cometidos por Rusia Categoría:Masacres de indíxenas de América Categoría:Historia de Rusia Categoría:Historia de América Categoría:Alasca Categoría:1784