miniatura|400px|Troponina C en complexo. A troponina C é unha proteína que forma parte do complexo da troponina, que se encontra nos miofilamentos musculares finos (xunto coa actina e a tropomiosina) e que ten a característica de que se pode unir a ións calcio. Como resultado da unión do calcio á troponina C, os elementos que forman parte dos filamentos finos musculares experimentan unha serie de cambios alostéricos que permiten a interacción da actina coa miosina e que se produza a contracción muscular.

Contén catro motivos estruturais de tipo man EF para a unión ao calcio, aínda que diferentes isoformas poden ter menos de catro subdominios de unión ao calcio funcionais. Contén un lóbulo N e outro C. O lóbulo C ten unha función estrutural e únese ao dominio N da troponina I. O lóbulo C pode tamén ligarse ao Ca2+ ou ao Mg2+. O lóbulo N, que só se pode ligar ao Ca2+, é o lóbulo regulador, e únese ao dominio C da troponina I despois de unirse ao calcio. A letra C do seu nome fai referencia ao calcio.

Tipos Hai dous subtipos específicos de tecido desta proteína, que son: Troponina C lenta ou TNNC1, codificada en 3p21.3-p14.3, presente no músculo esquelético de contracción lenta e no cardíaco (OMIM, 191040). Troponina C rápida ou TNNC2, codificada en 20q12-q13.11, presente no músculo esquelético de contracción rápida (OMIM 191039).

Véxase tamén Outros artigos Troponina Troponina T Troponina I Proteína fixadora de calcio

Ligazóns externas

Categoría:Proteínas