A troponina T, músculo esquelético lenta ou troponina T tipo 1 (TNNT1) é unha proteína que se encontra nos miofilamentos finos das fibras musculares, que nos humanos está codificada no xene TNNT1 do cromosoma 19. É unha das tres isoformas da troponina T; as outras dúas son TNNT2 e TNNT3. Esta isoforma exprésase no músculo esquelético de contracción lenta. A troponina T únese á tropomiosina situándoa sobre os filamentos de actina do sarcómero muscular tapando os sitios da actina para a unión coa miosina, o que impide a contracción muscular. A troponina é un complexo proteico que regula a contracción muscular formado por tres subunidades, que son as troponinas T, C e I.

As mutacións no xene TNNT1 causan a miopatía nemalínica tipo 5, un trastorno muscular que afecta aos nenos e adoita orixinar a morte por insuficiencia respiratoria no segundo ano.

Interaccións A TNNT1 interacciona coa tropomiosina, a troponina C e coa proteína quinase PRKG1.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas GeneReviews/NCBI/NIH/UW entrada sobre a miopatía nemalínica

Bibliografía

Categoría:Proteínas