Fernando Sebastián Aguilar, nado o 14 de decembro de 1929 en Calatayud (provincia de Zaragoza) e finado o 24 de xaneiro de 2019 en Málaga, foi un relixioso católico latino, cardeal da Igrexa católica, bispo de León entre 1979 e 1988, e arcebispo de Pamplona e Tudela entre 1993 e 2007. Traxectoria Fernando Sebastián naceu o 14 de decembro de 1929 en Calatayud, na diocese de Tarazona. En 1945 entrou na congregación dos claretianos en Vic, e fixo a profesión o 8 de setembro de 1946. Posteriormente estudou Filosofía e Teoloxía nos seminarios da congregación en Solsona e Valls.

O 28 de xuño de 1953 foi ordenado sacerdote dos Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María (claretianos).

En 1957 doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino coa tese "Maternitatis Divinae diversa ratio apud Didacum Alvarez et Franciscum Suarez".

O 22 de agosto de 1979 foi nomeado bispo de León. Recibiu a consagración episcopal o 29 de setembro de 1979 de mans do arcebispo de Madrid, Vicente Enrique y Tarancón.

O 8 de abril de 1988 o papa nomeouno arcebispo coadxutor de Granada. O 26 de marzo de 1993 foi trasladado á arquidiocese de Pamplona e Tudela, sé na que permaneceu até se retirar o 31 de xullo de 2007, á idade de 77 anos.

No consistorio do 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Sant’Angela Merici.

Finou o 24 de xaneiro de 2019 en Málaga. Obra Libros

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Calatayud Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Cardeais de España Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Claretianos Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Teólogos católicos Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Finados en 2019