Lucio Flavio Arriano (en latín Lucius Flavius Arrianus), tamén coñecido como Arriano de Nicomedia, nado en Nicomedia cara ao 86 e finado en Atenas no 175, foi un historiador e filósofo grego do século II.

Traxectoria Naceu na cidade costeira de Nicomedia (actual Izmit), a capital da provincia romana de Bitinia, no que actualmente é Turquía, a 70 km de Bizancio, a actual Istanbul. Os seus traballos transmitíronnos a filosofía de Epicteto e as conquistas de Alexandre Magno. Non debe confundirse con Xenofonte, o xeneral e pensador ateniense do século -IV, cuxa obra máis coñecida se titula tamén Anábase.

Estudou filosofía en Epiro co filósofo estoico Epicteto, e escribiu para el as obras Manual de Epicteto e Disertacións, dous dos máis importantes escritos estoicos, e obra capital para coñecer as teorías do seu mestre, xa que, do mesmo xeito que Sócrates, Epicteto foi un conferenciante que non deixou escritos.

Ao acabar os seus estudos, entrou no exército como cabaleiro ao servizo de Adriano, xa que era cidadán romano, e serviu na Galia e na fronteira do Danubio. En 129 obtivo o nomeamento de cónsul, primeiro na Bética (Hispania) e en 130, pola súa brillante folla de servizos, foi nomeado procónsul (gobernador) de Capadocia e comandante das lexións romanas na fronteira con Armenia. Era excepcional para esa época que un grego conseguise tan alto rango militar. En 135, repeleu unha invasión de alanos ao organizar de forma magnífica as lexións e as tropas auxiliares á súa disposición, entre elas as lexións XII Fulminata e XV Apollinaris. Despregou os lexionarios en profundidade, apoiounos con lanzadores de xavelina, cos arqueiros a pé e con arqueiros dacabalo na retagarda, e derrotou o asalto dos alanos. Esta odisea describiuna na obra Plan de mobilización contra os alanos, que é un dos textos capitais para o coñecemento da táctica romana durante o Alto Imperio.

Interveu tamén nun recoñecemento en torno ao Ponto Euxino, que contou nunha narración tan pouco verídica como interesante, o Periplo do Ponto Euxino. Estas dúas obras e a Táctica foron escritas en latín.

Á morte do seu amigo e protector, o emperador romano Adriano, en 138, Arriano deixou Capadocia e trasladouse a Atenas, onde chegou a ser un cidadán importante e membro do Concilio. En 145 concedéronlle un posto honorífico de arconte. Aquí escribiu a maior e máis coñecida das súas obras, a Anábase alexandrina, onde recolleu as viaxes de Alexandre Magno, e polo seu estilo foi considerado un segundo Xenofonte, o coñecido discípulo de Sócrates. Ameno e instrutivo, reconstruíu a epopea do xenio bélico macedonio con paixón e narrouna con encanto, escribindo dunha forma realista. thumb|Alexandre Magno. Arriano era en calquera caso principalmente un historiador militar, e seguiu ao seu gran modelo (de quen gañou o seu alcume), o soldado-historiador breve e conciso Xenofonte. Ten pouco que dicir sobre a vida persoal de Alexandre, o seu papel na política grega ou as razóns polas que a campaña contra Persia foi lanzada en primeiro lugar. No entanto, o seu traballo dá conta razoabelmente da vida que levaba durante a campaña, e na súa avaliación persoal, oscila entre adulación e condena. Concede a vaidade do xeneral e a afección á bebida, pero absólveo dos crimes brutais dos que escritores posteriores o acusaron.

Arriano na súa vida cotiá falaría a koiné, ou 'grego común' dos períodos helenista e romano, pero como escritor, sentíase obrigado a seguir a opinión predominante de que os traballos graves deben ser compostos en «bo grego», é dicir, imitando tanto como fose posíbel a gramática e o estilo literario dos escritores atenienses do século -V. No seu caso, isto significou seguir o estilo ático de Xenofonte e Tucídides.

Escribiu tamén Historia índica, un relato da viaxe da frota de Alexandre desde a India ao Golfo Pérsico baixo o mando de Nearco, no que imitou o estilo literario de Heródoto.

Outra obra súa, o Cinexético, trata sobre a cría de cans de caza.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

thumb|Alexandri anabasis, 1575 Obras de Arriano en Wikisource: En francés. En inglés. En grego. Flavio Arriano: Táctica. Texto francés, con comentarios no mesmo idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Flavio Arriano. Anábase de Alexandre Magno (Ἀλεξάνδρου ἀνάβασις). Texto español . Texto grego da Anábase no Proxecto Perseus. Empregando o rótulo activo "load", que se atopa na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto. Texto grego: ed. de 1907 de A. G. Roos, en Internet Archive. Texto grego de A. G. Roos en facsímile electrónico. Historia índica: relato da viaxe da frota de Alexandre, con Nearco ao mando, desde a India ata o Golfo Pérsico. Na obra hai imitación do estilo literario de Heródoto. Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Joaquín Acosta: Arriano, a mellor fonte clásica de Alexandre. Aspectos sociales de la época de Alejandro Magno: sociedad y dependencia personal en la "Anábasis de Alejandro Magno" de Arriano de Nicomedia. Texto en PDF. Los orígenes de la conquista de Asia en la "Anábasis de Alejandro Magno" de Arriano de Nicomedia. Texto en PDF. Flavio Arriano: Periplo do Ponto Euxino (Περίπλους τοῦ Εὐξείνου Πόντου). Texto bilingüe grego - español, en documento de Word, en Internet Archive; require o tipo de letra Palatino Linotype. Tradución de Claudio R. Varela. Texto francés no sitio de Philippe Remacle. París, 1860. Os números en azul son rótulos activos que serven para mudar ao grego. Texto inglés en Wikisource. Texto grego no sitio de Ph. Remacle. Os números en azul son rótulos activos que serven para mudar ao francés. Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes; ed. de Rudolf Hercher (1821 - 1878) e Alfred Eberhard. Flavio Arriano: Plan de mobilización contra os alanos. Texto español: tradución libre. Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Pasaxes de Arriano que tratan sobre os galos. Texto francés, con comentarios no mesmo idioma, no sitio de Ph. Remacle. Ed. de Edme Cougny e Henri Lebègue (1856 - 1938). Artigo sobre Arriano en laguerraenlaantigüedad.blogspot, páxina web sobre historia. Arriani historici et philosophi Ponti Euxini et maris Erythraei periplus... Lugduni, 1577 (fondos dixitalizados da Biblioteca da Universidade de Sevilla). Pierre Alexis Pierron: Historia da literatura grega (Histoire de la littérature grecque, 1850). Entrada de «Arriano» (Arrien): texto francés no sitio de Ph. Remacle. Ed. de Hachette, 1875. Arriano no Proxecto Perseus.

Categoría:Finados en 175 Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Nados no século I Categoría:Nados na provincia de Kocaeli