Luís Rubido Diéguez, nado cara a 1894 e finado en San Pedro da Ramallosa (Nigrán) o 27 de setembro de 1991, foi un avogado, xuíz e xornalista galego.

Traxectoria Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1916.Diario de Galicia, 17-6-1916, p. 3.. Dirixiu La Voz del Miñor. Foi xuíz da Caniza, Bande e Ferrol, de onde foi nomeado delegado de Orde Pública en xullo de 1937. En 1939 foi xuíz en Vigo e posteriormente foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid (1955-1968). Finou en San Pedro da Ramallosa o 27 de setembro de 1991 con 97 anos.La Voz de Galicia, 28-9-1991, p. 61.

Vida persoal Casou en Madrid con Fuensanta Velasco Graña en 1923,Galicia. Diario de Vigo, 8-2-1923, p. 2. e foi pai de Luis, Fuensanta, Carmen, Manuel, Rosario, María Luisa e Enrique Rubido Velasco.

Notas

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en 1894

Categoría:Finados en 1991