Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, nado en Berna o 3 de xaneiro de 1964,Sitio web persoal do autor é un profesor, analista político e autor galego.
Traxectoria Cursou os seus estudos medios en Berna, no Instituto Económico Kirchenfeld. Na Universidade de Santiago de Compostela licenciouse en dereito e doutorouse en ciencia política. Tras varios anos como funcionario na Administración da Xunta de Galicia, exerce como profesor de carreira de Alemán de ensino secundario.
Entre 2003 e 2009 foi membro do consello de redacción da Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS) da Universidade de Santiago de Compostela, de cuxo comité científico forma parte. É o autor de Café Federal, un dos blogs de Praza Pública, e participou na mesa de debate político do programa Vía V de V Televisión.
En 2014 gañou o II premio de poesía Gonzalo López Abente con Os días condenados. Fragmentos para un devocionario.
En 2021 recibiu o XIX Premio Plácido Castro de Tradución coa tradución de Schlump, Erwin: Homicidio, de Friedrich Glauser.
Obra Tradución A lenda do santo bebedor, de Joseph Roth (Sotelo Blanco, 1995). Opinións dun pallaso, de Heinrich Böll (Tambre, 1994). Reedición: Cangas do Morrazo, Rinoceronte, Colección Nova, 13, 2018. A morte en Venecia, de Thomas Mann (Tambre, 1995; reed. Rinoceronte, Colección Clásica, 14, 2015). Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig (Kalandraka / Faktoría K de Libros, Colección Ágora K, 2018). Schlump, Erwin: Homicidio, de Friedrich Glauser (BIVIR, 2021). O paseo, de Robert Walser (Laiovento, 2022)
Poesía Os días condenados. Fragmentos para un devocionario (Xerais, 2014).
Artigos en obras colectivas “A cuestión lingüística en Francia: unha introducción ó caso do catalán”, en Constenla Bergueiro, Gonzalo, e Ana Luna Alonso (eds. e coords.), Linguas sen Estado e planificación lingüística (I): Italia e Francia (intr. de Gonzalo Constenla Bergueiro e Ana Luna Alonso), Vigo, Universidade de Vigo, Colección Monografías da Universidade de Vigo, Serie Humanidades e ciencias xurídico-sociais, 57, 2003, 171-192. “Retorno ás orixes da transición política: o impacto do Concilio Vaticano II en Galicia e en España”, en González Fernández, Helena, e María Xesús Lama López (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003, Sada, Ediciós do Castro, 2007, 1017-1029 [DVD]. “La laicidad y sus límites en España. Acción legislativa y bloque católico”, en Colino, César, e Ramón Cotarelo (comps.), España en crisis. Balance de la segunda legislatura de Rodríguez Zapatero, Valencia, Tirant lo Blanch / Tirant Humanidades, Colección Plural, 2012, 163-190. “A situación demográfica galega. Causas e recursos para a acción política”, en Barreiro Rivas, Xosé Luís, Rosa Matilde Pascual Monzó e Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (eds.), O reto demográfico de Galicia, Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Colección Xornadas, 1, 2012, 261-278.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web persoal de Laureano Araujo Ficha en Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Nados en Berna Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1964 Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela