A baía de Baiona,El Eco de Galicia: n.º 1074. 10/8/1921, Buenos Aires."El temporal en Galicia - En Bayona" en El Compostelano n.º 1164, p. 2. 10/1/1924. e : «Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón: "Fillo de fías ao pe de cabo de vicos, mar de prajetas" e outros mil catrocentos hidrónimos» pp. 43-56 en Ardentia n.º 3 , ISSN 1699-3128. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Xuño de 2006: "[...] e un deseño costeiro máis diverso, na baía de Baiona, con cabos, illotes, penínsulas, illas, areais..." e "Comprobamos a evolución desde os 17 topónimos [...] para o entorno da baía de Baiona, desde as Illas Estelas ate Cabo Silleiro." tamén denominada ría de Baiona, é unha enseada pequena situada na marxe sur e exterior da ría de Vigo.
Xeografía miniatura|esquerda|Baía de Baiona no atlas de Pedro Teixeira (1634). Márcaa cabo Silleiro ó oeste, e a península de Monteferro ó leste. Ten 3,6 km de longo e 3,8 km. de ancho. A súa profundidade é de 20 m. A boca da baía ten entrada directa dos ventos do sur e suroeste, e que máis dominan en inverno, e das ondas. Porén, a baía está protexida dos ventos que predominan no verán. Na baía hai dúas rexións diferenciadas. Unha é a parte exterior e central, que son as máis expostas as ondas. A outra é a frecha litoral da Ladeira: unha plataforma protexida por unha barreira areosa (a praia da Ladeira) e á que chegan augas doces dos ríos Miñor, da Groba e Guillade. Os solos do fondo da baía son areosos e van da area fina á area grosaAlejo I, Austin WEN, Francés G, Vilas F (1999). Preliminary investigations of the recent Foraminifera of Baiona Bay, N.W. Spain. Journal of Coastal Research 15: 413-427.. A praias que a rodean son a Cuncheira, dos Frades, da Barbeira, da Ribeira, Santa Marta e A Ladeira (de Baiona) e a praia de América, Panxón, Madorra, Area Fora, Arribas Brancas e Portocelo (de Nigrán).
Conta cun peirao na parte occidental construído nos anos 1970.Alejo, I e Vilas, F. Sedimentary environments of the Biona Basin (Pontevedra). Cuaderno Lab, Xeolóxico de Laxe Coruña, 1987. Vol 12 pp. 11-24 A baía emprégase para pesca con cana e actividades de lecer. Os principais accidentes costeiros desde oeste a leste son cabo Silleiro, a enseada do Baleal ou dos do Peito Ancho, a península de Monterreal ou de Monteboi, a península de Santa Marta (Baíña), frecha litoral da Ladeira, A Ramallosa (incluído na rede Natura 2000) , desembocadura do río Miñor, península do Monte Lourido (co illote da Garza e a punta da Enredada), Canido, península de Monteferro e as Illas Estelas. miniatura|Pezas procedentes do dragado do porto, na Casa da Navegación.
Historia Nas súas augas, atópase o porto de Baiona. O que foi un dos máis importantes, na que no século XVI xunto co porto da Coruña eran os únicos portos galegos que podían comerciar co exterior. Atopáronse nos fondos da baía máis de 35 mil restos de cerámica, ánforas, lanzas, utensilios de embarcacións, canóns e outras armas e outros dos séculos XVI e XIX. Algunhas desas pezas están expostas na Casa da Navegación.Inventario de materiais e inventario de pezas arqueolóxicas do proxecto, 2014, Deputación de Pontevedra . Agárdase seguir descubrir máis restos deste período histórico . Tirando cara a cabo Silleiro, a costa faise máis escarpada, onde se producen naufraxios como o dos de La Regente (5/4/1900), o Collingham (25/1/1906) ou o ABC (25/1/1931).
A embarcación típica é a gamela.Xosé Lois Vilar Pedreira (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón. Instituto de Estudos Miñoranos. ISBN 978-84-96950-75-7.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
e : «Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón: "Fillo de fías ao pe de cabo de vicos, mar de prajetas" e outros mil catrocentos hidrónimos» pp. 43–56 en Ardentia n.º 3, ISSN 1699-3128. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Xuño de 2006.
Outros artigos Val Miñor Serra da Groba Zona especial de conservación A Ramallosa Virxe da Rocha
Categoría:Ría de Vigo Categoría:Xeografía de Baiona Categoría:Xeografía de Nigrán Categoría:Baías de España Categoría:Rías de Galicia