Gerardo Castro Montoya, finado en Lugo o 21 de maio de 1928El Regional, 22-5-1928, p. 3., foi un impresor e xornalista galego.

Traxectoria Tipógrafo que chegou a Lugo a finais do século XIX para facerse cargo da Imprenta Católica. Foi director de El Heraldo (1892-1893) e en 1894 mercoulle a Manuel Soto Freire a imprenta de El Lucense e pasou a ser o novo director do periódico; dirixiu despois La Razón (1912-1914). Imprimiu O Gaiteiro de Lugo e obras de Ramón Salgado Toimil e Miguel García Teijeiro.

Vida persoal Casou con Juana Lamas Neira e o seu fillo Gerardo Castro Lamas sucedeuno na imprenta.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Editores de Galicia Categoría:Finados en 1928 Categoría:Nados en ano descoñecido