miniatura|250px|William John Burchell nun retraro de 1854.
William John Burchell, nado o 23 de xullo de 1782 en Fulham, Londres, e finado o 3 de marzo de 1863 en México, foi un naturalista, ilustrador e explorador británico.
Traxectoria Desde 1805 a 1810 estudou botánica na illa de Santa Helena.
A partir de 1810 prosegue estes estudos na cidade de Cabo Haitiano (Haití).
De 1811 a 1815 viaxa por Suráfrica para recolectar espécímes de Historia natural, constituíndo durante as súas viaxes unha colección de espécimes.
Publica dous volumes sobre as súas expedicións a África en 1822.
En 1825 está en Lisboa e, en 1825, chega a Río de Xaneiro onde permanece un ano.
De 1826 a 1829 viaxa pola selva amazónica onde recompila unha inmensa colección de máis de espécímes de plantas e de insectos.
Burchell describiu numerosas novas especies, e realizou observacións astronómicas e meteorolóxicas.
As súas extensas coleccións africanas inclúen plantas, peles de animais, esqueleto s, insectos, sementes, bulbos e peixes.
Despois da súa morte, por sucidio, a maior parte dos seus espécimes de plantas trasladouse aos Royal Botanic Gardens de Kew (Gran Londres), e a colección de insectos ao Museo da Universidade de Oxford. Principais obras Travels in the interior of southern Africa. Longman, Hurst, Rees, Orme & Brown, Londres 1822-24. Online: Tomo 1, Tomo 2 Hints on emigration to the Cape of Good Hope. Hatchard & Son, Londres 1819
Abreviaturas A abreviatura Burch emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica. A abreviatura Burchell emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Honores Foi elixido membro da Sociedade Linneana de Londres
Epónimos Máis de trescentas especies e outros taxons lle foron dedicados. Entre eles podemos destacar:
Xénero Burchellia R.Br.Bot. Reg. 6: t. 466. 1820 (IK) da familia das Rubiaceae.
Especies Justicia burchellii C.B.ClarkeFl. Cap. (Harvey) 5(1): 59. 1901 (IK) da familia das Acanthaceae. Aizoon burchellii N.E.Br.Bull. Misc. Inform. Kew 290. 1908 (IK) da familia das Aizoaceae. Ipomoea burchellia Meisn.Fl. Bras. (Martius) 7: 271. (IK) da familia das Convolvulaceae. Veltheimia burchellia Hort.Vilm. Blumengärtn., ed. 3. 1: 1077, in syn. 1895 da familia das Hyacinthaceae
Subespecies Equus quagga burchellii Gray, 1824, da familia dos Equidae.
Notas
Cleverly, Les. W. J. Burchell. 1989. Notcutt, Henry Clement. Pioneers. Maskew & Miller, Kapstadt 1924
Véxase tamén
Bibliografía Cleverly, L. (1989): W. J. Burchell: special agent or naturalist? - a short biography Ver en PDF. Gunn, Mary & L. E. Codd (1981): Botanical Exploration of Southern Africa. Cape Town: A. A. Balkema. ISBN 0-86961-129-1. Notcutt, H. Clement (1925): Pioneers: the men who opened up South Africa. Cape Town: Maskew Miller.
Ligazóns externas Burchell's Travels by Bike
Categoría:Botánicos de Inglaterra Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1782 Categoría:Finados en 1863