Gervasio Varela Toba, nado cara a 1891 e finado en Muxía o 13 de novembro de 1970, foi un político galego.

Traxectoria Estudou na Escola Superior de Comercio da Coruña. Perito mercantil. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Muxía. En decembro de 1926 foi nomeado alcalde de Muxía.El Orzán, 23-12-1926, p. 2. No franquismo foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas.El Compostelano, 9-1-1941, p. 2. Finou en Muxía o 13 de novembro de 1970 con 79 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-11-1970, p. 2.

Vida persoal Casou en 1919 con Elvira López Abente, irmá de Gonzalo López Abente,La Correspondencia de España, 5-6-1919, p. 3. e foi pai de Julia, Elvira e Mª del Carmen Varela López.

Notas

Categoría:Alcaldes de Muxía Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1970