Centaurus A/Grupo M83 é un complexo cúmulo de galaxias situado nas constelacións de Hydra, Centaurus, e Virgo. O grupo pode ser dividido en dous subgroupos. O subgrupo Cen A, a unha distancia de 11,9 Mal (3,66 Mpc), que está centrado sobre Centaurus A, unha radiogalaxia próxima. O subgrupo M83, situado a unha distancia de 14,9 Mly (4,56 Mpc) e que está centrado sobre Messier 83 (M83), unha galaxia en espiral que está de canto (vista dende a Terra), amosándose así en todo o seu esplendor.
Centaurus A/Grupo M83 é algunhas veces visto coma un só grupo, e algunhas veces é visto coma dous subgrupos. Por iso, algunhas referencias citan a dous obxectos nomeados coma o Grupo Centaurus A e o Grupo M83. Con todo, as galaxias arredor Centaurus A e as galaxias arredor de M83 están fisicamente preto as unhas das outras, e ambos subgrupos parecen non estar achegándose ou afastándose entre si.
Centaurus A/Grupo M83 forma parte do Supercúmulo de Virgo, o supercúmulo do cal o noso Grupo Local é membro periférico.
Membros
Identificación dos membros thumb|Imaxe das galaxias NGC 5011B e NGC 5011C rodeadas de estrelas. Os membros máis brillantes do grupo foron identificados en vellas investigacións para a identificación de grupos galácticos. Pero moitas das galaxias ananas do grupo só foron identificadas tras intensos estudos. Unha das primeiras identificacións destes 145 febles obxectos en imaxes ópticas, foi feita co UK Schmidt Telescope e foi seguida de pescudas na liña de hidróxeno feitas co Parkes Radio Telescope e pescudas na liña espectral alfa-hidróxeno feitas co telescopio de 2,3 m do Observatorio de Siding Spring. Isto axudou a identificar 20 galaxias ananas coma membros do grupo. A procura HIPASS, a cal foi unha procura de radio na liña de emisión espectral do hidróxeno, atopou cinco galaxias sen catalogar no grupo e identificou cinco galaxias (xa catalogadas previamente coma tales) coma membros do grupo. Ademais foi identificada unha galaxia anana adicional coma membro do grupo durante a investigación HIDEEP, que era unha investigación de radio máis exhaustiva da emisión do hidróxeno dentro dunha porción de ceo menor. Varias investigacións ópticas posteriores identificaron 20 posibles candidatos máis do grupo. No 2007, NGC 5011C foi confirmada coma membro do Grupo Cen A.
Esta galaxia en si é un sistema estelar ben coñecido, catalogado e co seu número NGC, pero a súa verdadeira identidade permaneceu oculta por mor dunha confusión coas súas coordenadas e erros nos rexistros dos datos dos corrementos cara ao vermello da citada galaxia.
Lista dos membros
A táboa que aparece a continuación é unha lista das galaxias que foron identificadas coma asociadas á Centaurus A/Grupo M83 por I. D. Karachentsev e os seus colaboradores. Fágase notar que Karachentsev divide este grupo en dous subgrupos centrados sobre Centaurus A e Messier 83.
+Membros do Subgrupo Centaurus A Nome Tipo R.A. (X2.000) Dec. (X2.000) Corremento cara o vermello (km/s) Magnitude aparente Cen 7 Sph 17,3 Cen N 17,5 Centaurus A (NGC 5128) S0 pec 547 ± 5 7,8 Centaurus A-dE1 dSph 19,3 Centaurus A-dE3 dE 17,1 HIPASS J1337-39 Im 492 ± 4 16,5 HIPASS J1348-37 581 ± 8 16,9 HIPASS J1351-47 529 ± 6 KKs 51 E/Sph 16,7 KKs 55 Sph 18,5 KKs 57 Sph 18,1 LEDA 166152 dI 617 ± 4 16,3 LEDA 166167 dI/dSph 18 LEDA 166172 dSph 18,5 LEDA 166175 dSph 19,2 LEDA 166179 dSph 18 NGC 4945 SB(s)cd 563 ± 3 9,3 NGC 5102 SA0 468 ± 2 10,4 NGC 5206 SB(r)0 571 ± 10 11,6 NGC 5237 I0 361 ± 4 13,2 PGC 45104 IABm PGC 45717 I0 pec 1.853 ± 32 13,3 PGC 45916 dE 784 ± 31 14,1 PGC 46663 IBm 741 16,1 PGC 46680 Im 16,6 PGC 47171 IABm 516 ± 3 12,9 PGC 48515 dE 17,6 PGC 48738 IB(s)m 545 ± 2 14,0 PGC 49615 dS0/Im 561 ± 32 14,8
+Membros do Subgrupo M83 Nome Tipo R.A. (X2.000) Dec. (X2.000) Corremento cara o vermello (km/segundo) Magnitude aparente AM 1321-304 dIm 487 ± 1 16,7 Centaurus A-dE2 dE/Im 17,6 Centaurus A-dE4 dSph 19 HIDEEP J1336-3321 591 17,3 IC 4247 S 274 ± 65 14,4 IC 4316 IBm pec 674 ± 53 15,0 KK 208 dI 381 14,3 LEDA 166163 dI 571 ± 3 17,1 LEDA 166164 dSph 17,6 M83 SAB(s)c 513 ± 2 8,2 NGC 5253 Im pec 407 ± 3 10,9 NGC 5264 IB(s)m 478 ± 3 12,6 PGC 47885 13.848 15,8 PGC 48111 Im 587 ± 3 15,0 UGCA 365 Im 573 ± 1 15,4
Ademais, ESO 219-010, PGC 39032 e PGC 51659 son listadas coma posibles membros do Subgrupo Centaurus A, e ESO 381-018, NGC 5408 e PGC 43048 son listadas coma posibles membros do Subgrupo M83. Aínda que HIPASS J1337-39 só é listada coma un posible membro do subgrupo M83 na última lista publicada por Karachentsev, análises posteriores indican que esta galaxia está dentro do subgrupo. Saviane e Jerjen descubriron que NGC 5011C ten un corremento óptico cara ao vermello de 647 km/s, e polo tanto é un membro do Grupo Cen A, ó contrario do que se cría dende 1983, que era unha galaxia separada do cúmulo de galaxias Centaurus A/Grupo M83.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Grupo de galaxias