Propionibacterium é un xénero de bacterias grampositivas, con forma de bacilo denominadas así polo seu peculiar metabolismo no que forman ácido propiónico utilizando un encima transcarboxilase pouco usual.Cheung, Y.F., Fung, C., and Walsh, C. "Stereochemistry of propionyl-coenzyme A and pyruvate carboxylations catalyzed by transcarboxylase." 1975. Biochemistry 14(13), pg 2981.

Os seus membros son principalmente parasitos facultativos e comensais dos humanos e outros animais, e viven dentro ou arredor das glándulas sudoríparas, glándulas sebáceas, e outras áreas da pel. Son moi comúns e non causan problemas á maioría da xente, pero están implicadas na acne e noutras condicións da pel.Bojar, R., and Holland, K. "Acne and propionibacterium acnes." 2004. Clinics in Dermatology 22(5), pg. 375-379. Un estudo atopou que os Propionibacterium eran os microorganismos máis prevalentes asociados á pel humana (ver flora da pel).

Os membros do xénero Propionibacterium son moi utilizados na produción de vitamina B12, compostos tetrapirrólicos, e ácido propiónico, e nas industrias do queixo e probióticos.Kiatpapan P., Murooka Y. Genetic manipulation system in propionibacteria. Journal of Bioscience and Bioengineering. 93 (1) (pp 1-8), 2002

A cepa Propionibacterium freudenreichii subsp. shermanii utilízase para facer certos tipos de queixo como o Emmental, xa que producen burbullas de CO2 que orixinan os ollos do queixo, e danlle un certo aroma e sabor.

Notas

Categoría:Actinobacterias