Esmirna (en turco: İzmir) é unha das 81 provincias (en turco: iller) nas que está dividida Turquía, situada na rexión do Exeo (en turco: Ege Bölgesi). Ten unha superficie é de 11.973 km² e contaba cunha poboación no ano 2009 de 3.868.308 habitantes. A súa capital é a cidade de Esmirna, a terceira maior cidade de Turquía, tras Istanbul e a capital Ankara, por esa orde, e que contaba con 2,8 millóns de habitantes (censo de 2010) e arredor de catro millóns na área metropolitana.

Situada no suroeste de Turquía, está bañada polo golfo de Esmirna (mar Exeo) e é cercada polas provincias Balıkesir, ao norte, Manisa ao leste e Aydın ao sur.

Os principais ríos da provincia son o Caístro (Küçük Menderes), o Koca Çay (coa represa de Güzelhisar) e o Bakır Çay.

Distritos A provincia de Esmirna divídese en trinta distritos: Aliağa Balçova Bayındır Bayraklı Bergama Beydağ Bornova Buca Çeşme Çiğli  Dikili Foça Gaziemir Güzelbahçe Karabağlar Karaburun Karşıyaka Kemalpaşa Kınık Kiraz  Konak Menderes Menemen Narlidere Ödemiş Seferihisar Selçuk Tire Torbalı Urla

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas İzmir Turizm

miniatura|300px|dereita|Panorámica da cidade de Esmirna.

Esmirna