Mario León Dorado, nado o 16 de marzo de 1974 en Madrid, é un presbítero católico español, prefecto apostólico do Sáhara Occidental dende 2010.
Traxectoria Mario León Dorado naceu o 16 de marzo de 1974. O 24 de setembro de 1996 profesou como membro dos Oblatos de María Inmaculada, e o 2 de xuño de 2001 foi ordenado sacerdote. Cando o seu predecesor Acacio Valbuena Rodríguez se retirou en 2009, con máis de 86 anos, Mario León foi nomeado administrador apostólico da prefectura do Sáhara Occidental.
O 24 de xuño de 2013 o papa Francisco nomeouno prefecto apostólico do Sáhara Occidental.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Sacerdotes católicos de España Categoría:Relixiosos católicos de España Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Oblatos de María Inmaculada