Gañemos (Ganemos nos territorios monolingües en castelán) é a denominación inspirada na catalá Guanyem dada a unha serie de plataformas cidadás creadas en toda España, independentes entre si e nacidas co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015. Están inspiradas na plataforma Guanyem Barcelona, que foi presentada a finais de xuño de 2014.Colectivos sociales se inspiran en Ada Colau y preparan candidaturas en otras ciudades , El boletin.com, 26/7/2014Ganemos “apuesta fuerte” por “tomar” Madrid a la espera de unir a Podemos, El País, 4/11/2014¿Qué es Ganemos?, eldiario.es, 24/9/2014

Guanyem Barcelona Guanyem Barcelona foi unha iniciativa cidadá, non pechada, que sumou as forzas de organizacións políticas xa existentes coma ICV, as CUP, Podemos, Procès Constituent ou o Partido X, ademais de movementos sociais e outros colectivos. Está sendo promovida por Ada Colau despois de que esta deixara o posto de voceira da Plataforma de Afectados polas Hipotecas. Tiña como obxectivo presentarse á alcaldía de Barcelona nas eleccións municipais de España de 2015.

Máis de 2 000 persoas asistiron ao lanzamento da iniciativa na reunión pública Collaso i Gil no Barrio do Raval de Barcelona o 26 de xuño de 2014. A plataforma fixou o obxectivo de recoller 30 000 sinaturas de apoio ao seu manifesto inicial para setembro de 2014. Finalmente conseguiron o límite de sinaturas en agosto de 2014. Entre os voceiros de Guanyem de Barcelona atopábanse a ex-activista anti-desaloxos Ada Colau, Jaume Asans, Gerardo Pisarello, Gala Pin e Joan Subirats.

A nova coalición non se puido presentar coa marca Guanyem ás eleccións municipais porque uns días antes, Luis Salom, un asesor do PP no concello de Valencia, rexistrara as marcas "Guanyem Barcelona" e "Guanyem Valencia". Igualmente, a denominación de "Guanyem" tamén se rexistrara en tódolos idiomas o 26 de agosto de 2014 por un particular, Julián de Fabián López, concelleiro de Santa Maria de Palautordera (Barcelona) e candidato número un da plataforma Hartos.org. Ada Colau e a plataforma presentaron unha denuncia pola usurpación da marca.

O 10 de febreiro de 2015, presentouse publicamente o acordo definitivo de confluencia entre os partidos Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent e Podemos, baixo a nova denominación Barcelona en Comú.​

Programa As súas axendas políticas, que están sendo desenvoltas de forma colectiva, incluíndo a defensa da xustiza e os dereitos da comunidade, a promoción dos orzamentos participativos e a planificación e a introdución de mecanismos para facer fronte á corrupción.

Outros Ganemos Desde o seu lanzamento incrementáronse iniciativas similares noutras cidades españolas co prefixo Ganemos ou Guanyem, xa que Guanyem Barcelona cedeu a súa marcahttp://www.eldiario.es/politica/Guanyem-Ganemos-apuesta-municipal-extiende_0_290121630.html sempre que se cumpran os requisitos de ter un perfil cidadán, que non estean controladas por partidos políticos e que leven a cabo un proceso democratizador. Porén, Guanyem Barcelona aclarou que non avalará esas candidaturas.

O caso Pujol O 2 de setembro de 2014, Guanyem Barcelona xunto a Podemos, iniciou unha querela contra a familia do expresidente catalán Jordi Pujol i Soley, despois de que admitise a fraude fiscal. Esa querela provocou a imputación do seu fillo Oleguer Pujol e o rexistro da súa casa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mareas cidadás

Ligazóns externas Guanyembarcelona.cat Ganemos Madrid ¿Qué es Ganemos?, eldiario.es, 24/9/2014

Categoría:Partidos políticos de España