Teresa Bernárdez, nada o 11 de xuño de 1931 en Buenos Aires e finada en East Lansing (Míchigan), o 12 de xullo de 2010, foi unha psiquiatra galega.
Traxectoria Bernárdez era filla dos masidaos Francisco Fernández e Dolores Nóvoa, e irmá da escritora e tradutora Aurora Bernárdez. Doutora en Medicina pola Universidade de Buenos Aires, completou a súa formación no Hospital Vaugirard de París, no hospital universitario de Topeka (Kansas), na londiniense Clínica Tavistok e no Radclife College de Harvard. Desenvolveu a súa carreira como catedrática de psiquiatría na Universidade do Estado de Míchigan e como psicoterapia ata a súa xubilación.
Profesionalmente a súa especialización orientouse á saúde mental da muller e liderou unha batalla nos anos 80 para que a Asociacion Americana de Psiquiatría deixase de considerar enfermidades mentais o trastorno disfórico premenstrual, a biastofilia e o trastorno de personalidade masoquista. A súa produción científica máis destacada vira ao redor da saúde psiquiátrica da muller.Prevalent Disorders of Women: Attempts Toward a Different Understanding and Treatment, Women & Therapy, 3, 3-4, 1984.
Obra Ademais da súa produción científica, Bernárdez compilou un volume da súa poesía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns relacionadas Teresa Bernárdez recitando un poema da súa autoría en YouTube.
Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Psiquiatras de Galicia Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega