Srđan Bajčetić (en serbio cirílico: Cpђaн Бajчeтић) nado en Zrenjanin (na República Federal Socialista de Iugoslavia, actual Serbia) o 7 de novembro de 1971, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de centrocampista e actual adestrador.
Traxectoria Comezou a xogar no FK Vojvodina, de onde o fichou para o Celta de Vigo o adestrador Carlos Aimar que xa o tentara fichar o ano anterior para o CD Logroñés. O primeiro ano foi cedido no mercado de inverno ao Estrela Vermella de Belgrado.
Xa de volta en Vigo tivo a súa oportunidade, sendo un fixo no once inicial co adestrador Fernando Castro Santos, porén unha grave lesión rompeu a súa progresión. Unha vez recuperado e finalizado o contrato co Celta fichou polo SC Braga, onde militou solo un ano.
No ano 1998 fichou polo Estrela Vermella de Belgrado serbio, tras tres tempadas chegoulle unha oferta do fútbol chinés e fichou polo Dalian Shide e despois polo Hunan Xiangjun, durante a súa experiencia na China proclamouse campión da primeira divisón dúas veces, tamén en dúas ocasión da Copa e chegou a semifinais da Copa de Campións de Asia.
Foi o segundo adestrador do Rápido de Bouzas, dirixido por Xurxo Otero. Na actualidade, é adestrador do Gran Peña, o equipo C do Celta de Vigo. É o pai dos xogadores Stefan Bajčetić e Jovan Bajčetić.
Notas
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados no distrito do Banato Central Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FK Vojvodina Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do Dalian Shide Categoría:Xogadores do Hunan Xiangjun Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia