Teófanes o Confesor, tamén coñecido como Teófanes Homoloxetes (en grego : Θεοφάνης ὁ Ὁμολογητής Theophánês ho Homologêtếs), Teófanes Isáurico (en latín, Theophanes Isauricus o Isaacius) ou Teófanes o Cronógrafo, nado en Constantinopla no 758 e finado en Samotracia en 818, foi un aristócrata bizantino que, tras un breve matrimonio, abandonou os seus privilexios para facerse monxe e asceta.
Traxectoria Tomou partido contra os iconoclastas e foi por iso encarcerado nunha prisión do Bósforo e posteriormente debeu exiliarse por orde de León V o Armenio. Teófanes é famoso por escribir unha Crónica que continúa a de Xurxo Sincelo, na que narra a historia do Imperio romano desde Diocleciano ata Miguel I Rangabé. Venérase como santo polas igrexas católicas romana e ortodoxa.
Véxase tamén
Bibliografía SMITH, William: «Theophanes 3», en Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, v. 3 p. 1081
Ligazóns externas Chronographia de Teófanes no sitio Documenta Catholica Omnia. Extractos en francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): traducións e anotacións de Jan Potocki publicadas na súa obra Fragmentos históricos e xeográficos sobre Escitia, Sarmacia e os eslavos (Fragments historiques et géographiques sur la Scythie, la Sarmatie et les Slaves, Brunswick, 1796), en 4 tomos. Sobre os búlgaros: fragmentos. Máis fragmentos. As campañas do emperador Heraclio segundo as crónicas de Teófanes: texto inglés no sitio De Re Militari (Sobre cuestións militares).
Categoría:Historiadores bizantinos Categoría:Nados en 758 Categoría:Finados en 818 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en Istanbul