Jeanne d'Arc (tamén coñecido en inglés como The Messenger: The Story of Joan of Arc) é un filme francés dirixido por Luc Besson que se estreou en 1999. Está protagonizado por Milla Jovovich, John Malkovich, Faye Dunaway e Dustin Hoffman. O guión foi escrito por Besson e Andrew Birkin, e a banda sonora orixinal foi composta por Éric Serra.
Conta a historia de Xoana de Arco, heroína de guerra francesa e mártir relixiosa do século XV. A historia comeza cando Xoana presencia as atrocidades dos ingleses contra a súa familia, e a partir dese intre comeza a ter visións que a inspiran a liderar ós franceses contra as forzas de ocupación inglesas. O seu éxito na loita permite que Carlos VII sexa coroado rei de Francia. Posteriormente, Xoana é executada e queimada viva acusada de herexía.
O filme anterior de Besson, Le Cinquième Élément, tamén protagonizado por Jovovich, foi un éxito da crítica e de recadación, e tivo unha grande influencia na carreira de ambos. Jeanne d'Arc pretendía continuar co éxito e asentar o status de Besson e Jovovich na industria do cine.Hayward, p. 161. Porén, recibiu malas críticas, e unha recadación inferior á agardada, conseguindo $67 millóns sobre un orzamento de $60 millóns.
Sinopse En 1412, nace en Domrémy (Francia) a Doncela de Orleáns. A guerra dos Cen Anos contra Inglaterra dura xa case un século e devastou Francia. Xoana é unha rapaza moi relixiosa, e despois de ter a súa primeira visión, volve ó seu fogar e atópase con que os ingleses acabaron coa súa familia. Algúns anos despois, completamente convencida de que Deus lle encomendou a misión de expulsar ós ingleses de Francia, vai ver ó Delfín, o futuro Carlos VII, que lle proporciona tropas para levantar o sitio de Orleáns.
Personaxes Milla Jovovich como Xoana de Arco John Malkovich como Carlos VII de Francia Faye Dunaway como Iolanda de Aragón Dustin Hoffman como A Conciencia Andrew Birkin como John Talbot Vincent Cassel como Gilles de Rais Pascal Greggory como Xoán II, Duque de Alençon Richard Ridings como La Hire Desmond Harrington como Jean d'Aulon Timothy West como Pierre Cauchon
Galardóns e nomeamentos 1999: Nomeada ós Premios Razzie: Peor actriz (Milla Jovovich) 1999: Premios César: 2 Premios. 8 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes dirixidos por Luc Besson Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Gaumont