Non confundir coa proteína transdutora de sinais do mesmo nome paxilina (en inglés paxillin).

A paxilina (en inglés paxilline) é un alcaloide indólico diterpénico tóxico tremorxénicoTremorxénico = A intoxicación por este composto causa tremores.Richard J. Cole, Jerry W. Kirksey, John M. Wells. A new tremorgenic metabolite from Penicillium paxilli. Canadian Journal of Microbiology, 1974, 20(8): 1159-1162, 10.1139/m74-179. que actúa como bloqueador das canles de potasio. O organismo que produce esta micotoxina e de onde vén o nome do composto é o fungo Penicillium paxilli.Paxilline páxina do produto de Fermentek Un grupo de 17 xenes (cluster Pax) localizado no cromosoma Va desta especie codifica os encimas encargados da síntese da paxilina.Carolyn Young, Lisa McMillan, Emily Telfer and Barry Scott. Molecular cloning and genetic analysis of an indole-diterpene gene cluster from Penicillium paxilli. Molecular Microbiology. Volume 39, Issue 3, pages 754–764, February 2001. A paxilina é moi tóxica se é inxerida, inhalada ou absorbida pola pel, xa que pode danar os ollos e funciona como unha potente neurotoxina.

Notas

Categoría:Alcaloides Categoría:Alcohois Categoría:Cetonas