Katame-waza (en ) é o termo que designa nas artes marciais do Xapón as técnicas dirixidas a limitar os movementos do opoñente, inmobilizalo ou sometelo a control extremo, de forma que non ofreza máis perigo de ataque.
O grupo de técnicas do Katame-waza subdivídise en osae-komi-waza (técnicas de inmobilización), shime-waza (técnicas de estrangulamento) e kansetsu-waza (técnicas de luxación).
Judo O grupo de técnicas do Katame-waza do Kodokan inclúe actualmente 10 técnicas osae-komi-waza (inmobilización), 12 técnicas shime-waza (estrangulamento) e 10 técnicas kansetsu-waza (luxación), aínda que orixinalmente só eran 7 as técnicas de inmobilización propostas por Jigoro Kano.
Osae-komi-waza (10 técnicas) Nas técnicas de inmobilización, o opoñente (Uke) inmobilizase dende arriba, fixando as súas costas contra o tatami, e normalmente mirando cara ao judoka que executa a acción (Tori). O obxectivo destas técnicas é manter de maneira continuada o control do opoñente, de tal maneira que non poida liberarse durante un tempo determinado. Na competición actual, este tempo é de 20 segundos.
Uke acadará romper o control cando agarre o corpo ou pernas de Tori coas súas pernas, ou cando o ángulo entre as súas costas e o chan sexa maior de 90 graos.
O Kodokan actualmente recoñece as seguintes técnicas como osae-komi-waza: (Hon-)Kesa-gatame Kuzure-kesa-gatame Ushiro-kesa-gatame Kata-gatame Kami-shiho-gatame Kuzure-kami-shiho-gatame Yoko-shiho-gatame Tate-shiho-gatame Uki-gatame Ura-gatame
Shime-waza (12 técnicas) Nas técnicas de estrangulamento, Tori emprega as súas mans, brazos ou pernas ao redor do pescozo ou nas solapas do judogi de Uke, para aplicar unha presión controlada sobre a súa traquea ou nas súas arterias carótidas.
O Kodokan recoñeze as seguintes técnicas como shime-waza: Nami-juji-jime Gyaku-juji-jime Kata-juji-jime Hadaka-jime Okuri-eri-jime Kataha-jime Katate-jime Ryote-jime Sode-guruma-jime Tsukkomi-jime Sankaku-jime Do-jime, técnica prohibida na competición.
Kansetsu-waza (10 técnicas) As técnicas de luxación están dirixidas as articulacións de opoñente, sendo estas retorcidas, estricadas ou pregadas, empreando para iso as mans, brazos ou pernas.
O Kodokan recoñeze as seguintes técnicas como kansetsu-waza: Ude-garami Ude-hishigi-juji-gatame Ude-hishigi-ude-gatame Ude-hishigi-hiza-gatame Ude-hishigi-waki-gatame Ude-hishigi-hara-gatame Ude-hishigi-ashi-gatame Ude-hishigi-te-gatame Ude-hishigi-sankaku-gatame Ashi-garami, técnica prohibida na competición.
Referencias
Categoría:Artes marciais do Xapón Categoría:Judo