A Igrexa católica caldea (en , ʿītha kaldetha qāthuliqetha) é unha Igrexa particular da Igrexa católica, baixo a autoridade da sé apostólica do patriarca de Bagdad, en comuñón co papa e o resto da Igrexa católica. Actualmente ten arredor de 500.000 fieis, principalmente asirios étnicos orixinarios do norte de Iraq, sueste de Turquía, nordeste de Siria e noroeste de Irán, mais hoxe cunha diáspora en todo o mundo.
*