Máximo V Hakim (en ), nado en Tanta (Exipto) o 18 de maio de 1908 e finado o 29 de xuño de 2001, foi o Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén da Igrexa católica greco-melquita e bispo da Damasco dende o 22 de novembro de 1967 até o seu retiro o 22 de novembro de 2000.

Traxectoria Primeiros anos e sacerdocio Hakim naceu en Tanta, unha cidade do Khedivato de Exipto, o 18 de maio de 1908, de pais orixinarios da cidade siria de Alepo.

O 20 de xullo de 1930 foi ordenado sacerdote por Amin Risqallah Sair, arcebispo de Tiro. Entre 1932 e 1943 foi director do colexio patriarcal no Cairo. Bispo de Acre O 13 de marzo de 1943 foi nomeado bispo de Acre, e recibiu a consagración episcopal o 13 de xuño de mans do patriarca Cirilo IX Murabrab. Patriarcado O 22 de novembro de 1967 foi elixido patriarca de Antioquía e bispo de Damasco polo Sínodo da Igrexa católica greco-melquita. Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).

Como patriarca, foi un dos principais conselleiros do papa Xoán Paulo II nos asuntos referidos ao Medio Oriente.

Permaneceu no cargo até o seu retiro o 22 de novembro de 2000, con 92 anos. Finou ao ano seguinte, o 29 de xuño de 2001.

Obra

Premios e distincións Foi Comandante da Lexión de Honor.

Notas

Categoría:Bispos católicos de Exipto Categoría:Patriarcas melquitas de Antioquía Categoría:Nados en Exipto Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Bispos católicos de Israel Categoría:Membros da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra