Ramón María Otero Estévez, nado en Albarellos (Boborás) o 19 de xaneiro de 1819 e finado en Riobó (A Estrada) o 26 de novembro de 1903Gaceta de Galicia, 29-11-1903, p. 2., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Xosé Otero Santia e María Estévez Munín. Casou en Riobó o 19 de decembro de 1841 con Ramona Arén Seoane, usufrutuaria dos bens libres do pazo da Mota. Ao pouco de casar mercou a fábrica de papel de Riobó que estaba preto da torre da Barreira. Foi alcalde da Estrada en 1842, e ao ano seguinte foi comandante do 2º batallón da Milicia Nacional do partido da Estrada; de 1855 a 1856 concelleiro síndico da Estrada e en 1873 foi vocal do comité afonsino da Estrada. Vinculado ao Partido Liberal, foi nomeado administrador de Rentas estancadas da Estrada en 1875El Diario de Santiago, 19-11-1875, p. 3.. Volveu ser nomeado alcalde da Estrada Real Orde o 1 de xullo de 1891Gaceta de Galicia, 2-7-1891, p. 2. e permaneceu no cargo até o 1 de xullo de 1895.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Alcaldes estradenses

Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Boborás Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos