Dorothy Crowfoot Hodgkin, nada no Cairo o 12 de maio de 1910 e finada en Ilmington o 29 de xullo de 1994, foi unha química británica. Recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo en cristalografía.

Traxectoria miniatura|Orde do mérito que lle concederon. Estudou química en Oxford e Cambridge antes de comezar as súas investigacións no Somerville College de Oxford en 1936, posto que mantivo ata 1977. Foi unha pioneira na cristalografía de raios X, descubrindo a estrutura química da penicilina nos anos 40 do século pasado (o que permitiu a súa fabricación sintética) así como a da vitamina B12 e a insulina, esta última tras unha longa investigación de 34 anos. No 1960 foi nomeada Wolfson Research Professor na Royal Society e no 1976 foi medalla Copley pola mesma institución. No 1964 accedeu á Orde do Mérito, no lugar deixado vacante por Winston Churchill.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Mulleres e Premios Nobel Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1964 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1964

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Nados no Cairo Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Premio Lenin da Paz