miniatura|230px|Heródoto, "pai da historiografía" e Tucídides, "pai do rigor histórico". Por historiografía grega enténdese aquela realizada na Antiga Grecia, desde o século -V ata o século IV, desde Heródoto ata Zósimo, pasando por Tucídides, Posidonio, Polibio etcétera. En total, Jacoby, en Fragmente der griechischen Historiker, diferenciou 856 historiadores gregos, incluídos os mitógrafos e cronistas locais.

O concepto de historiografía naceu en Grecia,Esta é a opinión dos historiadores actuais. Así o expresa por exemplo Finley, en Uso e abuso da historia, p. 11: "Os pais da Historia foron gregos". aínda que se acepta que anteriormente xa existía unha concepción histórica en Oriente, un desexo de permanencia de todo o que se fixo. Agora ben, esa concepción histórica primitiva é unha mera transmisión de datos históricos que, como as listas reais do Antigo Exipto, carecían de análise histórica, polo que non se trataban de historiografía, sen negar por iso o seu valor documental.

Considérase a Heródoto o primeiro historiador, tanto na actualidade como na antigüidade. Tucídides estableceu posteriormente a base racional e metodolóxica dunha historiografía nada como reacción ante o irracional da mitoloxía grega. Previamente, xa Hecateo de Mileto atenuara o sobrenatural, pero a separación total non se produce ata Tucídides. Heródoto concibiu a súa Historia como un medio de evitar o esquecemento daquilo que merecía ser recordado. Na Antiga Grecia víase tamén a historia como medio de mostrar exemplos, aínda que non modelos de acontecementos futuros. Así mesmo desde Heródoto os historiadores realizan un exame crítico do pasado e dos feitos supostamente acaecidos. O pai da historiografía, Heródoto, así o expresa en IV, 195, 2:

En canto ás fontes, existía unha preponderancia das fontes orais sobre as escritas. Nas orixes da historiografía era case obrigado o uso de fontes orais, pois a diferenza dos historiadores actuais, que se basean sobre todo na investigación de textos, os gregos antigos non dispoñían a maior parte das veces de suficiente material arquivístico ou bibliográfico. Con todo, cando xa si era posíbel traballar cos fondos das bibliotecas, os historiadores seguiron preferindo a tradición oral; e mesmo criticaron aos que só traballaban con fontes escritas como, por exemplo, Timeo. Ademais, hai que ter en conta que os gregos non adoitaban coñecer linguas bárbaras, xa que logo, Heródoto non podía entender por si mesmo as crónicas orientais, aínda que tampouco mostrou interese en coñecelas. A elección da tradición oral supoñía a necesidade das primeiras reflexións en canto ao método histórico, como é a crítica das fontes, a súa relación e graduación segundo o valor dos testemuños recolleitos. De aí por exemplo o seu empeño en mostrar todas as versións recoñecidas, aínda que considere algunhas erróneas. Así mesmo, a tradición oral obrigaba a establecer unha cronoloxía que ordenase os feitos illados trala súa recompilación. As fontes escritas quedaron relegadas aos arqueólogos ou antiquaria, é dicir, para o estudo dos tempos remotos. Temática

Na historiografía grega en xeral supéranse os límites da historia local e ata Heródoto abarcou case todo o mundo coñecido polos gregos. O tema central foi a guerra, aínda que tamén houbo historia constitucional, tráxica, biografías e mesmo etnografía. A elección de tema fundamentábase no valor dos acontecementos sucedidos e na información dispoñíbel. Por exemplo para Heródoto un feito histórico tiña tal valor e non debía deixarse que fose esquecido. Tucídides pola súa banda elixiu a guerra do Peloponeso como tema central da súa obra polo motivo obvio de consideralo o punto álxido da historia que viviu. Con todo, dentro dese gran tema tivo que elixir constantemente entre temas menores con absoluta arbitrariedade. Como sinala Roussel en Os Historiadores Gregos, a arbitrariedade obrigou a Tucídides en ocasións a recargar a personaxes con detalles significativos, falseándoos en parte.Roussel, Os historiadores gregos (p. 90-100) Historia contemporánea A historiografía grega é maioritariamente contemporánea, é dicir, sobre a mesma época na que vivían os historiadores. Isto explícase porque había maior información sobre temas próximos no tempo, sobre todo había máis testemuñas orais, preferíndose esas fontes sobre as escritas. Tucídides, no seu afán polo rigor histórico, consideraba a experiencia persoal como imprescindíbel do mesmo xeito que Polibio. Os propios historiadores consideraban máis fiábeis as obras que trataban sobre o contemporáneo. Ademais, a historia antiga grega parecía moi exigua ao lado da exipcia por exemplo. En calquera caso, o que o propio historiador vivía considerábao como un momento único e clave na historia, xa sexa a guerra do Peloponeso ou a expansión romana. Entendíano como o cambio dunha época a outra e como tal había que reflectilo. O estudo das causas das guerras Dentro do contemporáneo, o tema preferente era a historia político-militar. Tucídides cría que a única historia verdadeira era a que trataba de política e guerras. Este criterio perdurou nos seguintes historiadores, xa sexa Xenofonte, Teopompo ou Polibio. Con todo, o historiador grego interesábase máis polos cambios constitucionais, aínda que xa Heródoto situou á guerra como o centro da historiografía. Arnaldo Momigliano, experto en historiografía, suscita que este menor interese polos enfrontamentos bélicos debíase a que eran algo cotián no mundo grego. Momigliano destaca en calquera caso a importancia do estudo das causas de cada guerra. Heródoto remontouse ata os tempos máis remotos para explicar as Guerras Médicas, caendo no mito.No libro I (1-5), Heródoto enmarca as primeiras diferenzas entre gregos e persas nos raptos míticos, como o Ío. Tucídides supuxo un avance ao deixar de lado interpretacións míticas e diferenciar entre causas superficiais e profundas (ou "máis verdadeiras"). Este esquema foi ampliado por Polibio, que distingue entre o feito inicial que dá comezo á guerra, o pretexto para comezala e a verdadeira causa.Roussel, Os historiadores gregos, p. 181 Historia económica e social En xeral os autores gregos consideraron os temas económico-sociais de moito menor interese que os político-militares. Existían breves e superficiais mencións a temas económicos, pero nunca se consideraron relevantes para o devir histórico. Esta falta de interese vese reflectida na práctica pola falta de estatísticas económicas na antigüidade. En canto ao estudo da sociedade, tamén foi pobre e considerado de pouca importancia. Ata se consideraba degradante falar sobre as clases máis desfavorecidas. En Grecia o único autor relevante que recolleu información sobre a sociedade foi o filósofo Aristóteles.Grant, Hist... p. 84 Localización miniatura|400px|O mundo grego a mediados do século -VI En xeral, a historiografía grega ten un nesgo rexional, tratando a maior parte das obras da propia historia grega sen importar demasiado a do resto de lugares. Hai excepcións como Heródoto que coas súas digresións realiza unha introdución á historia de Exipto ou de Persia, polos cales foi moi criticado chegando mesmo a ser considerado "amigo dos bárbaros". Doutra banda, a pouca profundidade do traballo de Heródoto en Oriente esporeou a que eles fixesen a súa propia historia, como fixo Manetón en Exipto. Outros autores tamén se ocuparon de Oriente, pero seguindo a Alexandre Magno, como Xenofonte ou posteriormente Flavio Arriano.

Grecia deixou de ser o tema primordial a mediados do período helenístico, co crecente poderío romano. O primeiro en intuír a posíbel importancia de Roma foi Timeo de Tauromenio, pero foi Polibio quen tratou primeiro o tema con maior profundidade. A partir do século -I e ata a decadencia final da historiografía grega, a historia sobre Roma foi a temática dominante e, segundo algúns autores, foi esa falta de renovación unha das causas desa deterioración. Crónicas locais Tanto autores antigos (Dionisio de Halicarnaso) como modernos (Wilamowitz) defenderon que os cronistas locais precederon aos primeiros historiadores, como sucedeu na historiografía romana. En calquera caso, a partir do século -V atópanse crónicas de cidades e santuarios. Sen apenas rigor histórico, concíbense, en xeral, como forma de exacerbar o orgullo local, proxectando en ocasións o presente sobre o pasado, distorsionándoo. Existindo ata a decadencia final, os máis coñecidos foron os atidógrafos, no século -IV. Teorías cíclicas Algunhas obras presentan ideas cíclicas ou de sucesión de imperios, como Heródoto ao expresar que os imperios se introducen sempre nunha dinámica de expansión insaciábel. Pese a que en ocasións se considerou que os historiadores gregos tiñan concepcións cíclicas do tempo históricoBurrow Hist... p. 213, especialmente Polibio, Tucídides e Heródoto, Momigliano négao rotundamente. Para ese autor, que Tucídides expresase que a súa historia servía como modelo para o futuro non implica ningunha idea de eterno retorno. Acepta que Polibio é máis ambiguo, pero tampouco presenta ningunha teoría cíclica na súa obraMomigliano, "O tempo na historiografía grega", incluído en A hist....

Era máis común unha visión orgánica da historia, unha periodización mediante sucesión de ciclos exemplificada nunha sucesión vital: infancia, madurez e vellez. Esta era a visión que daba, por exemplo, Lucio Anneo Floro. Outras visións cíclicas son as das idades (prata, bronce, heroica e de ferro) de Hecateo de Mileto, baseadas na progresiva degradación, salvo a paréntese heroica, e finalmente un esquema de progreso cultural e tecnolóxico que abarcaba desde a barbarie á civilización. Estes esquemas naceron antes que a propia historiografía sendo logo adaptados e perfeccionados a grande escala polos historiadores. O primeiro autor grego en plasmar este marco foi o poeta Hesíodo en Traballos e díasShotwell, Hist... p. 182-183.

Estilo e fontes Schrader determina tres elementos típicos principais. En primeiro lugar, a existencia dun proemio autobiográfico onde se destaca a importancia do feito a tratar. Este proemio aparece xa en Hecateo de Mileto. En segundo lugar, establécese a metodoloxía histórica, explicando o autor as súas fontes e que pasos seguirá para contar a súa historia. En terceiro lugar, a articulación da obra en partes narrativas e discursivas. Estes discursos son en xeral invención dos autores, aínda que aténdose ao sentido orixinal. Para rematar, hai outros elementos típicos menos comúns e máis variábeis, tales como as escenas tipificadas na narración de batallas ou os excursos típicos de Heródoto.Schrader As orixes... p. 110-121

Sobre as fontes, en xeral, houbo un predominio das orais sobre as escritas, o cal determinou en parte a preeminencia da historia contemporánea, pola dificultade de recoller información oral, que non consistise en mitos, sobre tempos remotos. Ademais, historiadores como Tucídides ou Xenofonte baseáronse na súa memoria ao describir feitos nos que participaron.Grant, Hist... p. 54-58 Pola súa banda, o uso de fontes escritas aumentou en función do incremento do material dispoñíbel.

A elección das fontes, cando había máis dunha con contidos contraditorios, facíase segundo a máis probábel. Esa elección non ten por que significar unha crenza de que esa versión é a certa e así o sinalaba Heródoto,Heródoto, VII, 152 quen en ocasións se limitaba a dar varias versións sen preocuparse na validez de cada unha. Situación do historiador