Kimberly Dianne Shattuck, nada o 17 de xullo de 1963 e finada o 2 de outubro de 2019, foi a cantante e guitarrista da banda The Muffs e foi membro dos Pixies, tocando o baixo con eles en 2013. Dende 1985 ata 1990 foi membro de The Pandoras. En 2001 foi cantante, guitarrista e compositora de The Beards, un proxecto paralelo composto por Shattuck, Lisa Marr e Sherri Solinger.

Kim cantou no tema de NOFX "Lori Meyers" do álbum Punk in Drublic. Tamén cantou nunha canción de Bowling for Soup, "I'll Always Remember You (That Way)", aparecido no sinxelo "My Wena". Colaborou poñendo voces na canción de Kepi Ghoulie "This Friend of Mine", do álbum American Gothic.

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Vocalistas Categoría:Pixies