Ben Nevis (en ) é a máis alta montaña das Illas Británicas. Cunha altura de 1344m sobre o nivel do mar, está localizada na parte occidental dos Montes Grampianos, na área de Lochaber das Highlands, preto da vila de Fort William.
A montaña é un popular destino turístico que atrae a unhas 100.000 persoas cada ano, das cales tres cuartos empregan o Pony Track dende Glen Nevis. Os cantís de 700m da cara norte están entre os máis altos do Reino Unido, e proporcionan escaladas de diferentes dificultades para escaladores e montañeiros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de puntos máis altos por país
Categoría:Montañas de Escocia