Johann Gotthelf Fischer von Waldheim (en ruso Григорий Иванович Фишер фон Вальдгейм Grigorii Ivánovich Fischer von Waldheim), nado o 13 de outubro de 1771 en Waldheim, Electorado de Saxonia (Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 18 de outubro de 1853 en Moscova (Imperio ruso), foi un anatomista, entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso.

Traxectoria Nacido como Gotthelf Fischer, Scientists Related to Nabokov's Work on Lepidoptera, páxina 38. era fillo do propietario dunha teceduría de liño en Waldheim, Saxonia.

Fischer fixo os seus primeiros estudos en Maguncia, e estudou medicina en Leipzig, graduándose como doutor en 1798. Regresou a Maguncia, onde foi profesor de Historia natural e bibliotecario na Escola Central.

Posteriormente continuou os seus estudos en Viena e en París, co seu amigo Alexander von Humboldt. En París tiveron como profesor ao paleontólogo Georges Cuvier.

O seu principal interese científico nos anos finais do século XVIII foi a zooloxía, publicando varios traballos sobre moi diversos temas, desde a vexiga natatoria dos peixes até a anatomía dos lémures.

Foi chamado a Moscova e, en 1804, ocupou a cátedra Demídov de Historia natural, e foi nomeado director do Museo de Historia Natural da Universidade Estatal de Moscova.

En agosto de 1805 fundou a Sociedade Imperial de Naturalistas de Moscova, da que foi vicepresidente durante longo tempo.

Fischer estivo principalmente comprometido coa clasificación dos invertebrados, traballo cuxo resultado foi a súa obra Entomographia Imperii Rossici (1820–1851). Tamén dedicou moito tempo ao estudo dos fósiles.

Debido ás súas achegas ao estudo científico da pesca en Rusia foi designado para ocupar un posto no Consello de Estado.

Ademais, debido ao seu traballo no estudo dos insectos de Rusia, o goberno ruso elevouno á nobreza, autorizando a poñer "von Waldheim" despois do seu nome.

Temén foi galardoado coa cruz de comendador da Orde de Ssn Vladimiro.

En 1815 foi elixido meembro da Leopoldina (Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina), e en 1852 foi nomeado membro honorario da Nassauischer Verein für Naturkunde.

Morreu en Moscova o 18 de outubro de 1853, e está soterrado no cemeterio da Presencación da Virxe de Moscova, tamén chamado cemiretio alemán.

Algunhas publicacións miniatura|Portada de Oryctographie du gouvernement de Moscou. Versuch über die Schwimmblase der Fische, Leipzig 1795 Mémoire pour servir d'introduction à un ouvrage sur la respiration des animaux, París 1798 J. Ingenhousz über Ernährung der Pflanzen und Fruchtbarkeit des Bodens aus dem Englischen übersetzt und mit Anmerkungen versehen von Gotthelf Fischer. Nebst einer Einleitung über einige Gegenstände der Pflanzenphysiologie von F. A. von Humboldt, Leipzig 1798 Ueber die verschiedene Form des Intermaxillarknochens in verschiedenen Thieren, Leipzig 1800 Beschreibung einiger typographischer Seltenheiten. Nebst Beyträgen zur Erfindungsgeschichte der Buchdruckerkunst, Maguncia e Núremberg 1800 Naturhistorische Fragmente, Frankfurt am Main 1801 Beschreibung typographischer Seltenheiten und merkwürdiger Handschriften nebst Beyträgen zur Erfindungsgeschichte der Buchdruckerkunst, Maguncia en 1801 Essai sur les monuments typographiques de Jean Gutenberg, Mayençais, inventeur de l'imprimerie, Maguncia 1801/1802 Das Nationalmuseum der Naturgeschichte zu Paris, 1802 Vorlesungen über vergleichende Anatomie, deutsche Übersetzung der Vorlesungen Georges Cuviers, Braunschweig 1801–1802 Lettre au citoyen E. Geoffroy ... sur une nouvelle espèce de Loris : accompagnée de la description d'un craniomètre de nouvelle invention, Maguncia 1804 Anatomie der Maki und der ihnen verwandten Thiere, Frankfurt am Main 1804 Tableaux synoptiques de zoognosie, 1805 Museum Demidoff, ou catalogue systématique et raisonné des curiosités etc. donnés a l'université de Moscou par Paul de Demidoff, Moscova 1806 Muséum d'Histoire naturelle de l'université imperiale de Moscou, 1806 Notices sur les fossiles de Moscou, 1809–1811 Notices d'un animal fossile de Sibérie, 1811 Onomasticon du Système d'Oryctognoise, 1811 Zoognosia tabulis synopticis illustrata, in usum prälectionum Academiae Imperialis Medico-Chirurgicae Mosquentis edita, Moscova 1813 Observations sur quelques Diptères de Russie, 1813 Essai sur la Turquoise et sur la Calaite, Moscova 1816 Adversaria zoologica, 1817–1823 Entomographie de la Russie, Moscova 1820–1851 Prodromus Petromatognosiae animalium systematicae, continens bibliographiam animalium fossilium, Moscova 1829–1832 Oryctographie du gouvernement de Moscou, 1830–1837 Bibliographia Palaeonthologica Animalium Systematica, Moscova 1834 Einige Worte an die Mainzer, bei der Feierlichkeit des dem Erfinder der Buchdruckerkunst Johann Gutenberg in Mainz zu errichtenden Denkmals, Moscova 1836 Recherches sur les ossements fossiles de la Russie, Moscova 1836–1839 Spicilegium entomographiae Rossicae, Moscova 1844

Abreviaturas A abreviatura G.Fisch.Waldh. emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e nomenclatura en botánica.

As abreviaturas Fischer, Fischer de Waldheim, Fischer von Waldheim, G. Fischer, G. Fischer de Waldheim e J. Fischer, empréganse para recoñecer a como autoridade na descrición e nomenclatura en zooloxía.

Algúns taxons descritos por Fischer

Caviidae Fischer de Waldheim, 1817 Cricetidae Fischer, 1817 Dipodinae Fischer, 1817 Felidae Fischer de Waldheim, 1817 Mustelidae G. Fischer de Waldheim, 1817 Rattus Fischer de Waldheim, 1803 Tayassu Fischer, 1814 Ursidae Fischer, 1817

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barbara e Richard Mearns (1988): Biographies for Bird Watchers. Londres & San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-487422-3.

Ligazóns externas Don du Gouvernement ou Collection de livres accordés par le Citoyen Chaptal Ministre de l'Interieur à la ville de Mayence et à ses deputés l'an 9 choisis (...) Begleitschreiben: Gotthelf Fischer von Waldheim an Franz Konrad Macké, Mainz, 1. (...) Ver manuscrito en PDF .

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Nados en 1771 Categoría:Finados en 1853