A eparquía de Stamford (en ) é unha diocese católica ucraína sufragánea da arquieparquía de Filadelfia. En 2010 tiña 16.750 bautizados. O seu bispo actual é Paul Patrick Chomnycky.
Territorio A eparquía abrangue os territorios de Nova Inglaterra e o estado de Nova York. A sé diocesana é a cidade de Stamford, en Connecticut. O territorio está organizado en 54 parroquias.
Historia O 20 de xullo de 1956 o papa Pío XII erixiu o exarcado apostólico de Stamford, coa bula Optatissimo unitatis, en territorio do exarcado apostólico para os fieis orientais nos Estados Unidos.
O 10 de xullo de 1958, coa bula Apostolicam hanc, o mesmo Pío XII elevou o exarcado a eparquía, facéndoa parte da provincia ecclesiastica da arquieparquía de Filadelfia.
Episcopoloxio Ambrosii Senyshyn (20 de xullo de 1956 - 14 de agosto de 1961, nomeado arcebispo de Filadelfia) Joseph M. Schmondiuk (14 de agosto de 1961 - 20 de setembro de 1977, nomeado arcebispo de Filadelfia) Basil Harry Losten (20 de setembro de 1977 - 3 de xaneiro de 2006, retirado) Paul Chomnycky (3 de xaneiro de 2006 - actualidade)
Véxase tamén Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Divisións territoriais católicas nos Estados Unidos de América Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Eparquías católicas