miniatura|180px|Máquina expendedora de flores de Gamelsa na estación de autobuses de Oviedo. Unha máquina expendedora é un dispositivo mecánico con compoñentes electromecánicos ou electrónicos empregado para a venda e distribución de produtos ou servizos. O obxecto é a venda e distribución autónoma, sen presenza humana, e de xeito automático. Existen máquinas expendedoras de todo tipo de produtos e servizos: larpeiradas, bebidas quentes ou frías, comida, artigos comerciais e todo tipo de servizos como entradas ou billetes.

En inglés as máquinas expendedoras son chamadas «vending machine», termo que se aplica a todo o sector como: vending.

Descrición xeral Unha máquina expendedora en xeral componse de: Carcasa exterior, xeralmente metálica e de seguridade. Pantalla informativa para a selección de artigos, visualización de prezos e crédito. Moedeiro para o cobro e dar voltas da compra. Exposición de produtos e servizos en venda. Caixón de recollida do produto mercado.

Categoría:Máquinas