Żelazowa Wola é unha vila do concello rural de Sochaczew, no condado de Sochaczew, Polonia. A vila é célebre por ser o lugar de nacemento de dous famosos músicos clásicos: o violinista Henryk Szeryng e o pianista e compositor Frédéric Chopin. A pintoresca paisaxe mazoviana, arrodeada por outeiros, así como as cancións folclóricas de Łowicz oídas por Chopin na súa nenez, inspirárono a compoñer varias das súas obras.

miniatura|esquerda|300px|Monumento a Frédéric Chopin, por Józef Gosławski. Un museo adicado a Chopin está situado no anexo preservado da herdade da familia Chopin, rodeado por un parque. No verán, concertos con música de Chopin son ofrecidos por músicos de tódalas partes do mundo.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Localidades de Polonia