Santa María da Ciadella, antigamente Santa María da Ciadella de Curtis (en latín: sanctae Mariae Cidadelie de Curtis),Tombo de Sobrado, folios 56r-58r (c. 995), en é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sobrado. Está situada entre as dúas actuais parroquias de Curtis: Curtis, pertencente ó concello de Curtis, e San Vicenzo de Curtis, pertencente ó de Vilasantar. Segundo o IGE en 2009 tiña 83 habitantes (43 mulleres e 40 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.
Por outra banda, a parroquia eclesiástica da Ciadella está integrada na de Armental (Vilasantar) do arciprestado de Sobrado, xa que foi suprimida en 1867.
miniatura|A Ciadella (Ciudadela) no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|A Ciadella (Ciudadela) no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).
Toponimia O topónimo A Ciadella provén de Cidadelie, isto é, unha ‘cidadela’ ou ‘cidade pequena’. Mais tamén antigamente facíase referencia á Ciadella coma Cidadelie de Curtis. Estoutro topónimo Curtis procedería, con seguranza, de cohortis, ou sexa, da lexión que había no campamento romano da Ciadella. Outra teoría máis improbábel é que procedese do oficio de curtidor de peles, presente antigamente por todo o territorio de Curtis. Adicionalmente, existen outras dúas parroquias con igual topónimo curtense e que se achan contiguas á Ciadella: Curtis e San Vicenzo de Curtis.
Xeografía A parroquia da Ciadella ten unha superficie de 7,50 km² pola que se espallan 12 núcleos de poboación.
Situación Está situada no noroeste do concello de Sobrado, entre as parroquias de Curtis (do concello homónimo) e San Vicenzo de Curtis (do concello de Vilasantar), limitando ó norte e leste coa primeira e ó oeste coa segunda e converxendo as tres no monte Enxameado. Confina tamén, de sueste a sur, coas parroquias de Foxado (Curtis), Grixalba, Cumbraos e Vilariño (Vilasantar).
center|300px|As tres parroquias de Curtis: Santaia de Curtis, A Ciadella (antiga Ciadella de Curtis) e San Vicenzo de Curtis. Noroeste: Curtis Norte: Curtis Nordeste: Curtis Oeste: San Vicenzo de Curtis 100px|alt=Rosa dos Ventos|ligazón= Leste: Curtis Suroeste: San Vicenzo de Curtis Sur: Vilariño (Vilasantar) e Cumbraos Sueste: Foxado (Curtis) e Grixalba
Historia miniatura|150px|Campamento romano da Ciadella. Na antigüidade, as actuais terras da parroquia da Ciadella ―xunto coas de Curtis e de San Vicenzo de Curtis― formarían parte do Territorium Cohortis, isto é, o territorio xestionado directamente pola Cohors I Celtiberorum asentada no campamento romano da Ciadella. Segundo algúns autores, sería neste campamento onde estaría situada a mansión Brigantium da calzada romana do Itinerario de Antonino denominada vía XX ou per loca maritima. A configuración desta terra ou territorio de Curtis perduraría na Alta Idade Media.
Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente por García Cuesta, arcebispo de Santiago de Compostela, suprimiuse a parroquia eclesiástica da Ciadella, sendo agregada á de Armental e pasando a igrexa parroquial á da Laxe.
Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 33 134 125
Século XIX 1826 1831 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 41 – 31 40 22 22 – – Habitantes 166 203 166 179 225 109 245 249
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 242 236 278 301 326 252 192 129 118 104 94 91
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 89 90 89 87 89 89 84 85 83 78 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 202073 73 73 69 67 63 62 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Patrimonio Campamento romano da Ciadella Medorra de Fanegas
Camiño de Santiago miniatura|Cruceiro da Corda. A Ciadella é unha parroquia pola que pasa o Camiño de Santiago, máis especificamente unha das variantes do Camiño do Norte ou Ruta da Costa.
O Camiño, após gallar no lugar de Toar en San Breixo de Parga (Guitiriz), chega á Ciadella polas Cruces tras pasar polas parroquias guitiricenses de Parga, Vilar e As Negradas e polas sobradesas de Grixalba e Cumbraos. Unha vez na Ciadella, no monte da Corda, diríxese por Vilariño (Vilasantar) cara a Boimil (Boimorto), onde se une coa outra variante procedente de Toar que pasa por Sobrado.
Antigamente no monte da Corda existía un hospital de peregrinos xunto a unha capela baixo a advocación de San Roque. Esta capela foi trasladada primeiro ó inmediato lugar da Torre e despois, contra 1990 e polo párroco de Cumbraos, ás Cruces. No entanto, aínda se conserva un cruceiro denominado Cruceiro da Corda. Por outra banda, un dos obxectivos dos peregrinos de antano que empregaban esta ruta era visitar o santuario de San Pedro de Mezonzo.
Adicionalmente, existe outra variante proposta e sinalizada polo concello de Curtis, a cal procede de Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz) e atravesa o municipio curtense pasando por Paradela, O Castelo, Gorxá, Recareo, Santaia e A Penencia antes de chegar á Ciadella. Prosegue cara a Sobrado onde tamén entronca coa que vén de Toar. Alén desta variante, un ancestral camiño conectaba A Ciadella con Gorxá polo monte da Corda. O feito de se distribuíren mámoas á beira de todo o seu percorrido, denota unha grande antigüidade.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares da Ciadella
Parroquias de Sobrado
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Sobrado Curtis (homónimos)
Categoría:Parroquias de Sobrado Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas Categoría:Localidades do Camiño do Norte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía