Valencia é un concepto morfosintáctico creado en 1959 por Lucien Tesnière para definir o potencial sintagmático dunha unidade lingüística de relacionarse con outras unidades.
Características O concepto de valencia derívase da definición de valencia en química. Adoita usarse de tres modos:
aplicado especialmente ó verbo como núcleo da cláusula, aínda que tamén se pode falar de valencia de adxectivos e substantivos. aplicado ó verbo atende preferentemente á valencia léxica. aplicado ó verbo, non se consideran tódolos elementos que poden depender del, senón só os chamados actantes (suxeito, obxecto directo, obxecto indirecto, suplemento), non os circunstantes (C.C.)
Exemplo "Vou alá". O verbo "ir" ten como valencia un só actante (o suxeito) (non se consideran os circunstantes); é un verbo "monovalente" "Busqueiche o abrigo". O verbo buscar ten como valencia tres actantes (suxeito, obxecto directo, obxecto indirecto); é un verbo "trivalente"
Tipos de valencias Valencia activa: capacidade de ser rexente de certas unidades nunha estrutura. Valencia pasiva, capacidade de ser rexido nunha estrutura. Valencia xeral: concepto que podemos atribuír ó potencial sintagmático dunha categoría gramatical. Valencia léxica: concepto que podemos atribuír ó potencial sintagmático dun lexema particular).
Véxase tamén Outros artigos Transitividade Aridade
Categoría:Morfosintaxe