Myroslav Ivan Liubachivskyi (en ), nado o 24 de xuño de 1914 en Dolyna (Austria-Hungría, hoxe Ucraína) e finado o 14 de decembro de 2000 en Lviv, foi un eclesiástico católico, cardeal e arcebispo maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína dende 1984 até a súa morte.

Traxectoria Naceu en Dolyna, unha vila de Ucraína Occidental, fillo de Evstakhii e Anna, de apelido de solteira Oliinyk. Estudou Filosofía e Teoloxía no seminario de Lviv, e posteriormente en Innsbruck. Foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Lviv o 21 de setembro de 1938 polo metropolita Andrei Sheptytskyi, e posteriormente doutorouse en Teoloxía, cursou estudos bíblicos no Pontificio Instituto Bíblico e de filosofía na Gregoriana. Logo da segunda guerra mundial non puido volver a Ucraína, e emigrou aos Estados Unidos, onde desempeñou o seu labor na Igrexa dos Santos Pedro e Paulo de Cleveland (a partir de 1949), e a partir de 1968 como profesor no Seminario Católico Ucraíno San Xosafat de Washington. Ensinou tamén no St. Basil's College de Filadelfia e na St. Basil's Academy de Stamford.

O 13 de setembro de 1979 foi nomeado arcebispo de Filadelfia, e recibiu a consagración episcopal o 12 de novembro de mans do papa Xoán Paulo II, nunha celebración polo rito bizantino. O 7 de marzo de 1980 foi nomeado arcebispo coadxutor de Lviv xunto a Yosyf Slipyi, a quen sucedeu o 7 de setembro de 1984, converténdose en Arcebispo Maior de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína.

No consistorio do 25 de maio de 1985 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea.

En 1989 as autoridades soviéticas levantaron a prohibición contra a Igrexa Católica Ucraína, e Liubachivskyi, xunto con outros xerarcas, volveu a Lviv dende o exilio o 30 de marzo de 1991.

Finou o 14 de decembro de 2000, e está enterrado na Catedral de San Xurxo de Lviv.

Obra

Ao ano seguinte saíu a edición en ucraíno.

Notas

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados na rexión de Ivano-Frankivsk Categoría:Finados en 2000 Categoría:Arcebispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Cardeais de Ucraína Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América