A torre de Balbén, ou torre de Valbén, é un pazo do século XVIII situada no lugar de Balbén da parroquia de Vigo, do concello de Carral. En 1994 foi declarada Ben de Interese Cultural.

Historia Mandouna construír Pedro de Ponte, quen estaba casado con María de Omaña. Alí naceu o seu fillo Sebastián Vicente. A última propietaria foi María Jesús Etcheverría, de orixe vasco-francesa.

Descrición Ten dúas entradas, unha dianteira e outra traseira, e está constituído por numerosas ventás (20 aproximadamente). Ten tres balcóns, un na parte dianteira, outro na traseira e outro no lateral. A carón do balcón dianteiro ten un escudo. Na entrada ao pazo hai unhas escaleiras, e logo un camiño de pedra antes de chegar á porta da entrada. A construción está rodeada de arbustos, e ten un amplo xardín con árbores froiteiras, como nogueiras, castiñeiros ou maceiras. O recinto está rodeado por un muro de pedra.

Actualmente atópase en bo estado.

Véxase tamén

Bibliografía (1978): Torres y Pazos de La Coruña. Deputación da Coruña. (2001): Guía dos Pazos de Galicia. A Coruña. Editorial Galaxia.

Ligazóns externas Descrición do pazo e localización, na web de Turgalicia. "La casa da «Fonte Quintá» en San Esteban de Cos", artigo de José Francisco Saavedra Rodríguez no Anuario Brigantino nº 32, 2009.

Categoría:Carral Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña Balben

Balben