Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante. Como deseñadora de moda, Coco Chanel creou un novo estilo para as mulleres, baseado na elegancia no vestir, con blusas, traxes, pantalóns e vestidos, xoias de pedras preciosas de deseño sinxelo. Este novo estilo substituíu as roupas e xoias do século XIX, que eran moi opulentos e constritivos. Os produtos da marca Chanel foron representados por modelos e actrices, como Inès de la Fressange, Catherine Deneuve, Carole Bouquet, Vanessa Paradis, Nicole Kidman, Anna Mouglalis, Hope Portocarrero, Audrey Tautou, Keira Knightley, Kristen Stewart e Marilyn Monroe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Empresas de Francia Categoría:Empresas téxtiles