Carlos Osoro Sierra, nado en Castañeda o 16 de maio de 1945, é un eclesiástico católico latino, arcebispo de Madrid dende 2014.
Traxectoria Carlos Osoro Sierra naceu o 16 de maio de 1945 en Castañeda, concello da provincia de Santander (hoxe Cantabria). Logo de estudar Maxisterio na Escola Normal e de exercer de mestre por un ano, entrou no seminario para vocacións adultas en Salamanca, e licenciuse en Filosofía e Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. O 29 de xullo de 1973 foi ordenado sacerdote da diocese de Santander polo seu bispo, Juan Antonio del Val Gallo.
O 27 de decembro de 1996 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Ourense. Recibiu a ordenación episcopal o 22 de febreiro de 1997, de mans do nuncio Lajos Kada, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela, Julián Barrio, e ao bispo de Tui-Vigo, Xosé Diéguez Reboredo.
O 7 de xaneiro de 2002, Xoán Paulo II trasladouno á arquidiocese metropolitana de Oviedo.
O 8 de xaneiro de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Valencia.
O 28 de agosto de 2014 o papa Francisco trasladouno á arquidiocese metropolitana de Madrid.
Notas
Categoría:Nados en Castañeda Categoría:Nados en 1945 Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina