Marko Todorović, nado o 19 de abril de 1992 en Podgorica, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino que xoga no UCAM Murcia da Liga ACB. Cunha estatura de 2,10 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria Todorović xogou nas categorías inferiores do KK Joker montenegrino, e do Joventut Badalona español. De 2010 a 2012, xogou no segundo equipo do Joventut, o CB Prat. De 2011 a 2012 xogou tamén na Liga ACB co primeiro equipo. Antes do comezo da tempada 2012-13, uniuse ó FC Barcelona.Euroleague.net FC Barcelona Regal gets young prospect Todorovic. O 27 de xuño de 2013, Todorović foi elixido na 45ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Portland Trail Blazers. O 10 de xullo de 2013, os Trail Blazers traspasaron os seus dereitos ós Houston Rockets coma parte do traspaso por Thomas Robinson.

Para a tempada 2014-15, Todorović foi cedido ó Bilbao Basket. O 31 de marzo de 2015, foi elixido Xogador do Mes da Liga ACB do mes de marzo. O 14 de xullo de 2015, asinou un contrato de tres anos co BC Khimki ruso. O 28 de setembro de 2018, anunciouse o seu regreso ó Joventut Badalona tras asinar por unha tempada.Marko Todorovic vuelve a la Penya: ficha hasta final de temporada

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Podgorica Categoría:Xogadores de baloncesto de Montenegro Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do CB Prat Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores dos Tianjin Pioneers Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores dos Beijing Royal Fighters Categoría:Xogadores dos Ningbo Rockets Categoría:Xogadores do CB Murcia