Kendall Cedric Gill, nado en Chicago, Illinois, o 25 de maio de 1968, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto.
Traxectoria profesional Gill foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 1990 polos Charlotte Hornets, e na súa primeira tempada na NBA foi elixido no mellor equipo de rookies da tempada. Gill xogou en 15 tempadas na NBA para os Hornets (en dúas etapas diferentes), Seattle SuperSonics, New Jersey Nets, Miami Heat, Minnesota Timberwolves, Chicago Bulls e Milwaukee Bucks. En dúas tempadas diferentes Gill conseguiu máis de 20 puntos por partido, primeiro coma sophomore nos Hornets na tempada 1991-92 con 20.5 puntos por encontro, e despois cos Nets na tempada 1996-97 con 21.8 puntos por partido. Na tempada 1997-98, sendo xogador dos Nets, Gill liderou a liga en roubos de balón por partido. Gill rematou a súa carreira na NBA con 12.914 puntos anotados en 966 partidos da tempada regular.
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Hornets