A lingua saami de Pite (Bidumsámegiella) é unha lingua urálica que tamén se coñece baixo o nome de saami de Arjeplog. Trátase dunha lingua saami falada tradicionalmente en Suecia e Noruega, aínda que na actualidade conta só con 20 falantesInforme do Ethnologue para o saami de Pite e por iso atópase en grave risco de desaparición.UNESCO Interactive Atlas of the World’s Languages in Danger A súa área atópase agora restrinxida á beira sueca do río Pite no norte do concello de Arjeplog e Arvidsjaur, e tamén nas zonas montañosas de Arjeplog. O saami de Pite está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Proxecto de documentación do saami de Pite
Categoría:Linguas saamis Categoría:Linguas de Noruega Categoría:Linguas de Suecia