Avelina Mouzo Leis, nada o 27 de decembro de 1904 en Vilar de Cereixo (Vimianzo) e finada o 28 de decembro de 2017 na Ponte do Porto foi unha labrega galega supercentenaria, que durante case un lustro foi a muller máis anciá de Galicia.

Traxectoria Aínda que nada en Vilar, na parroquia vimiancesa de Cereixo, cando casou mudouse a vivir ao Campo do Outeiro, na Ponte do Porto (Camariñas). Toda a súa vida traballou de labrega.

En decembro de 2014 fixo os 110 anos, co que se converteu na décima supercentenaria de Galicia dende que hai rexistros. Naquela altura era xa a galega máis anciá. En xaneiro de 2016 era a cuarta persoa máis vella de España e está entre as 25 persoas máis vellas da historia de España.

En xullo de 2017 deuse a coñecer que era a 34.ª persoa máis lonxeva do mundo.. A finais dese ano apañou unha gripe que coincidiu co seu 113º aniversario. Finou uns días despois.

Vida persoal Casou e tivo tres fillos.

Notas

Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Supercentenarios galegos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2017