Manuel Cerezales González, nado como Manuel González Cerezales en Vilar de Cervos (Vilardevós) en 1909 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 2005, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Aos seis anos ingresou como interno nos Escolapios de Madrid. Aos quince marchou a Valladolid, onde estudou Dereito. Foi discípulo e secretario de Ramón Otero Pedrayo, quen o preparou para os exames finais de dereito. Carlista, fundou en Ourense o periódico España en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na Guerra como requeté. Dirixiu as revistas Guión, Vida Mundial e Momento, foi subdirector de El Pensamiento Navarro de Pamplona e Informaciones de Madrid. Pasou a dirixir España de Tánxer, onde permaneceu tres anos, volvendo despois a Informaciones como crítico literario. Logo foi director de Faro de Vigo (1961-1964). Pasou despois a subdirector de El Alcázar. Tamén dirixiu en Madrid Misión, fundada en Ourense. Ao final da súa carreira traballou en RTVE.
Foi crítico literario e nos anos corenta gañou un accésit do premio literario Calderón de la Barca pola obra Magín, siervo de Dios.
Finou en Madrid o 28 de xaneiro de 2005.Necrolóxica en ABC, 30 de xaneiro de 2005 .
Vida persoal Casou con Carmen Laforet en 1946, de quen se separou en 1970. Foron pais de Agustín Cerezales Laforet.
Notas
Categoría:Xornalistas de Vilardevós Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Faro de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Críticos literarios de Galicia